domingo, 29 de septiembre de 2013

Amistoso

  Campito F.S 2 Beade F.S 2

Gran encontro ó disputado no Municipal de Reboreda entre o Campito F.S e o Beade F.S


O equipo de Yago logrou un meritorio empate a dous goles contra un equipo de categoría superior como e o Beade da liga galega xuvenil, cunha soberbia actuación do porteiro local Raúl que fixo un encontro  excepcional  contra os seus excompañeiros, o encontro comezaría mal para os nosos rapaces xa que por mediación de Adri o beade poríase por diante no marcador, o equipo non desesperou a  pesar de ir por baixo do marcador, e con garra e intensidade logrou por mediación de Borja empatar o encontro, deste modo chegaríase ó tempo de descanso con 1 a 1 no marcador. A segunda metade seguiría a mesma tónica do primeiro tempo co beade presionando toda a pista tendo o campito problemas para sair co balón controlado, o equipo visitante levaría o control do partido emerxendo así a figura de Raúl evitando numerosas ocasións de perigo para manter o seu equipo dentro do encontro, sendo incapaz de facer nada no segundo gol cunha boa xogada ó segundo pao rematada por guille, o gol do empate local sería obra de Borja de penalti provocado por Joshua, ó marcador non se movería mais ata o remate do encontro. Bo partido do equipo en liñas xerais tendo que mellorar en defensa.

O equipo terá a vindeira semana o seu primer desprazamento da tempada no arranque ligueiro conta o Tuy, dende o club animamos a todolos siareiros deste fermoso deporte a seguir a actualidade deste equipo que terá moito que decir na sua liga provincial xuvenil. Ánimo rapaces FORZA CAMPITO

Suyman Carballal 6 Campito FS 6

Presentabase o equipo Provincial con toda a ilusion e gañas do mundo no seu debut na categoria no Pabillon de Valadares ante o Suyman Carballal, pero quizais estas gañas e ilusion se converteron en presion e nervos.

Fran apostou por un quinteto inicial formado por Yago,Rucho,Borja,Pablo e Simon , esperando a sua oportunidade no banco Mouso ,Raul, Varo,Sebas, Ray, Iago e Guille.
O partido comezou co Suyman presionando en todo o campo, e cos nosos un pelin atascados na saida de presion, pero nunha boa contra Sebas facia o 0-1 , parecia que os nervos dos debutante deberian desaparecer, pero nada mais lonxe da realidade, apareceu a peor version deste equipo, e en 6 minutos infames o Suyman foi quen de porse 3-1 no marcador. Tempo morto na pista e subese un pouco a presion, o partido volvese tolo e espectacular, falto de tactica e FUTBOL SALA, moitisimas imprecisions nos dous bandos que acaba facendo que o Campito erre a friolera de 6 doble penalties e o Carballal 2.
Pero nestes minutos tolos o equipo saca a sua cara combativa e a base de forza e corazon consegue chegar ao descanso cun inmerecido 3-3.
A segunda parte comeza cos nosos moi ben prantados na pista e facendo 8 minutos de un gran futbol sala onde se erran moitas ocasions, pero nunha boa triangulacion Rucho pon o 3-4 e Mouso nun roubo en medio campo fusila ao porteiro pondo o 3-5, a partir de aqui o Suyman aposta polo porteiro xogador e xa na primeira xogada fai o 4-5 que apretaba todo moitisimo.
Pasaban os minutos e temos unha ocasion clarisima para facer o 4-6 pero nesa mesma contra o Suyman fai o 5-5, o medo a perdelo partido parecia aparecer no Campito FS, voltabamos a ver un equipo ramplon, sen orden e falto de futbol sala, pero noutro arreon de coraxe levamos unha contra de 3 pa 2 perfecta que Pablo culminaba no segundo pau a falta de 1,45 para o final.
Pero o equipo voltaba a ter o lastre das 5 faltas e a falta de 32 segundos o Suyman empataba por medio de Alex dende os 10 metros, e incluso a falta de 16 segundos volven a ter outro lanzamento de 10 metros errado nesta ocasion.


En definitiva xusto reparto de puntos, en onde os dous equipos poden pensar que puideron sumalos 3 puntos, pero mais ben por demeritos do rival que por meritos propios.

Moito que correxir ten fran tralo visto no partido, pero a este equipo non se lle pode negar que ten raza , corazon e entrega.


Isto acaba de comezar, toca seguir traballando.

E xa por ultimo dar as grazas a esa afeccion que nos acompañou no noso estreno na categoria, MOITAS GRAZAS!!!!!!

ANIMO RAPACES


viernes, 27 de septiembre de 2013

Programacion semanal

Estes son os partidos que disputaran os noso equipos este fin de semana:

Suyman Carballal FS - Campito FS(1ªXornada liga provincial)Pabillon de valadares sabado as 16:30

Casa Conchita - Forcarei FS (1ªXornada liga provincial) Pabillon de Chapela domingo as 12:00

Campito FS - CD Beade FS (Amigable xuvenil) Pabillon de Reboreda domingo as 12:00

Union F.S - Campito F.S ( Amigable cadete) Viernes 27 a las 17:00 en balaidos

Campito FS - Zamans FS (Amigable senior femenino)

Campito F.S - Valadares ( Amigable alevin femenino) Pabillon Reboreda sábado as 12:00


jueves, 26 de septiembre de 2013

Os xuvenís xogarán un amigable.

Esta fin de semana o equipo xuvenil masculino do noso club xogará un amigable contra o Beade f.s da liga galega xuvenil.

O equipo segue có seu plan de adestramento, xa que en dúas semanas dará comezo a liga. Yago, para este primeiro partido, ademais de contar con todos os seus xogadores verá aumentado o seu equipo cunha nova incorporación. O amigable non será doado, pois o equipo contra o que se disputará o encontro está composto por xogadores con gran calidade e que xogan nunha liga superior. O partido terá lugar no pabillón municipal de Reboredadomingo  29 as 12.00 hs.

Dende o club animamos a que vos acheguedes a animar ós rapaces.

miércoles, 25 de septiembre de 2013

Previa Suyman Carballal - Campito FS provincial

Este sabado 28 de outubro comeza a liga provincial, e o noso primeiro equipo fara o seu debut na categorìa visitando ò Suyman Carballal FS, equipo recèn ascendido igual que o noso, pero que no seu historial conta có campionato local acadado o ano pasado, ademais do subcampionato da Copa de Campións. Xogadores como Álex, Caba ou Anxo fan do Suyman un duro rival do cal temos moi boas referencias debido a que forman un bloque sólido e xa consolidado como EQUIPO, polo que o 7-1 da pretemporada non sera d fíar e habera que rendir a un gran nivel para sacar algo positivo.

Para este partido Fran conta coas baixas de Fredo por sanción e de Oscar por motivos persoais, polo que o xuvenil Raul completará a lista, amosándolle ós xogadores tanto do filial como do xuvenil que as portas do primer equipo están abertas para eles.

O partido disputarase este sábado no Pabillón de Valadares as 16:30, e dende a directiva, corpo técnico e plantel facemos un chamamento a afección para que nos apoie neste debut en categoría provincial.

martes, 24 de septiembre de 2013

O casa conchita da liga provincial masculina grupo norte comezará esta fin de semana a súa andadura no seu grupo da liga provincial. 

Este equipo dirixido por Miguel Angel "lorro" que pasou este ano a formar parte do noso club, é un equipo chamado a estar entre os primeiros da categoría, xa que na tempada pasada fixo un gran campionato, o equipo non renuncia a nada xa que reforzouse con varios xogadores de calidade e experiencia na liga.
O partido xogarase o Domingo no pabillón de chapela as 10.30 contra o atlético de forcarei. 

lunes, 23 de septiembre de 2013

O EQUIPO PROVINCIAL FEMININO ADESTRADO POR JORGE ENTRENARA ESTA SEMANA O MARTES E O XOVES.

As nosas rapazas nás que se ten postas grandes ilusións, seguen coa sua particular pretempada, o equipo que conta con dúas novas incorporacións esta semana segue co seu plan de adestramento xa que o día 5 de outubro dará comezo a súa andadura na liga provincial, o equipo e novo na categoría pero non descarta nada nesta nova andadura con xogadoras de moita experiencia e de gran calidade. ÁNIMO RAPAZAS.
Os xuveniles comezan.

O equipo xuvenil de Yago comezou a súa pretempada no torneo organizado polo I.E.S Coruxo.

O equipo adestrado por Yago tivo esta fin de semana catro enfrentamentos contra equipos de nivel. No primeiro os rapaces enfrentaronse o Bueu f.s da liga nacional xuvenil, acadando un empate a un gol marcado por borja. O segundo partido xogariase contra o Tuy f.s da liga provincial xuvenil, gañando os nosos rapaces por dous goles a cero sendo borja e michi este de penalti os goleadores. No terceiro partido a mala sorte cebariase co equipo o dispoñer de numerosas ocasions erradas contando con cinco disparos os paos o resultado final foi unha derrota por tres a dous, os goleadores richy e dani este ultimo de fermosa xogada persoal. No ultimo partido contra o i.e.s coruxo da liga nacional xuvenil sen xogarse nada e con falta de intensidade nos primeiros minutos o equipo acadou unha derrota abultada no marcador por cinco goles a un, obra de borja.

Neste equipo adestrado por Yago tense postas grandes expectativas de cara a tempada que comeza o 5 de outubro. Non se renuncia a nada e esperamos ver estos rapazes nos postos de cabeza durante toda a tempada.

VICTORIA NO ULTIMO AMIGABLE DO SENIOR PROVINCIAL

O equipo senior provincial derrotou ao subcampion de liga do ano pasado, o Tui FS, por 0-7, o equipo mostrouse acertado en todalas facetas do xogo, tanto tactica como estratexicamentemente estivo moi por encima dun rival que contaba con 3 baixas que mermaron moito o seu nivel, polo que o resultado non e orientativo para a realidae ligueira.

Pero onde realmente estivo a diferencia foi no aspecto fisico, este plantel esta composto por 12 xogadores, cada un con un rol distinto e mais ou menos minutos sobre a pista, pero todos e cada un dos xogadores que forman este plantel aceptan isto e estan a dar un nivel altisimo nesta pretemporada,polo que Fran esta tendo moi dificil a labor de repartir os minutos.

Este vindeiro sabado comeza  a liga Provincial, e faremolo visitando a outro recien ascendido como e o Suyman Carballal.

jueves, 19 de septiembre de 2013

Ultima semana de preparacion para seniors

Este sabado o Senior Provincial de Fran viaxara a Tui para enfrontarse ao equipo local do CD Tui F.S, o equipo tudense rematou segundo o ano pasado a Liga, polo que pode ser unha boa proba para o xove plantel que tan boas sensacions esta deixando esta pretemporada derrotando a equipos coma o Lume Demostra , Suyman Carballal ou o Casa Conchita.
Viaxa a Tui todo o plantel menos Mouso, baixa por motivos persoais.

O equipo Senior Local enfrontarase ao Baitra Baiona, equipo de provincial, este remodelado equipo de Local comezara a liga o Sabado 28, e a directiva ten postas moitas esperanzas nel.

Os xuvenis de Yago desprazaranse a Coruxo para disputar un torneo organizado polo IES Coruxo FS, os horarios son os seguintes:

10:00 ADFS Bueu - Campito FS
11:20 Campito FS - CD Tui FS
13:20 Valadares - Campito FS
14:40 IES Coruxo "A" - Campito FS

O Senior femenino, o cadete masculino e o alevin femenino non teñen partido este fin de semana, pero seguen co seu duro traballo de pretemporada.