jueves, 31 de octubre de 2013

Entrevista a Fran Amoedo , Adestrador do Senior Masculino Provincial

1 . Boas Fran , o primeiro faznos unha pequena presentacion de quen eres.

Bueno, a nivel persoal son veciño de un pequeno pobo de pazos de borben chamado amoedo, vou facer 28 anos e pouco mais salientable


2. Tua experiencia como adestrador?

comecei adestrando aun grupo da canteira da SD Pazos FS, ata que acabaron que chegaron a senior, fomos capaces de ser campions provinciais xuvenis e subcampions autonomicos


3.Coñecias ao clube anteriormente? de que?

Si, coñeciao de xogar en torneos que organizaban, e incluso de ver os seus resultados na web da FGFS


4.Oxectivos da tempada?

Penso que este ano non hai un obxectivo deportivo concreto, somos un equipo novo na categoria, e temos que ir paso a paso, aprendendo cousas en cada entreno e en cada partido, pelexando cada partido como se fose ao ultimo, e ao final estar onde nos merezamos.


5.Como chegaste a fichar polo equipo?

Pois a verdade e que foi algo que me pillou por sorpresa, o presidente chamoume varias veces por telefono, e sempre lle dixen que non, pero ao final "vendeume" tan ben o proxecto e deume tantas facilidades que acabei aceptando


6.Teu mellor xogador? xogado revelación?

Mellor xogador: Soara a topico pero somos un grupo onde todos somos importantes, pero dentro da importancia no grupo saliento aos dous capitans que son os que teñen que ser a miña prolonfacion dentro do grupo polo tanto yago e varo consideroos os mais importantes
Xogador revelacion leveime unha grata sorpresa con dous xuvenis, penso que tanto Raul como Borja son xogadores de outra categoria moi superior a provincial se seguen con esta proxeccion e son capaces de traballar e mellorar dia a dia.

7. Unhas palabras para as persoas do clube e as que siguen o clube

Pois nada, para os dirixentes darlle as gracias por confiar en min e que sigan traballando neste proxecto, que esperamos que non se cansen e peleen polo futbol sala de Chapela
Para os seguidores o de sempre, darlle as gracias tamen polo apoio que nos mostran todolos fins de semana, e tentaremos seguir mellorando para facelos disfrutar

8.Puntua de 0 a 10.
-Tua implicación do clube - 7
-Nivel da tua plantilla - a nivel deportivo un 6 a nivel persoal un 10
-Satisfación coa tua plantilla - un 10, deixanse todo o que teñen dentro en cada entrenamento e partido
-Satisfación coa directiva - coa directiva un 10, o traballo que fan e impagable
-Pois isto e todo Fran , moita grazas e sorte - gracias a vos, e por ultimo animar a todalas categorias do clube a traballar duro, entrenadores como iago,Jorge ou Yago fan un gran traballo e de seguro que os exitos chegaran se se sigue por este camiño.


miércoles, 30 de octubre de 2013

Senior Feminino: BFS a Ponte 0 - 4 Campito F.S

4ª xornada da competición , o equipo viaxou a Baiona para xogar contra o equipo BFS a Ponte (Baiña) . As rapazas que viaxarón foron:

1Atenea
2Flor
3Iria
4Laura
5Jenny
6Sara
7Aldara
8Raquel
9Uxía


Jorge, noso adestrador que estivo nas gradas apostou por: Atena baixo os paus e no campo : Jenny , Sara , Uxía e Raquel .

Primeiros compases do partido o equipo ben plantado e saíndo con porteira - xogadora e así sumariamos o primer tanto do encontro , boa combinación en ataque que Uxía deixa soa a Laura e esta empurra o balón a o fondo das mallas 1-0. Destacar o gran nivel da porteira rival que iso fixo que o marcador no se disparase na primeira metade , tras os intentos das nosas mozas.

Segunda metade do partido as nosas saliron moito mas inspiradas e Raquel deixa sentada a porteira cunha boa pisada e anota o 2-0. O terceiro sería obra de Uxía cun bo zapatazo nunha falta 3-0. E o último tanto sería obra de Laura tras un balón que se lle escapa a porteira rival 4-0 . Destacar o bó partido de Iria e de Atenea de porteira-xogadora .

Este Sábado recibiremos a o Salceda , 4 na clasificación , fixo que sera un partido moi disputado que a nosas rapazas loitaran polos 3 puntos. Contamós coa recuperación da nosa porteira Sabela.


Goleadoras xerais:

Laura: 3 goles
Jenny: 2 goles
Uxía: 2 goles
Raquel: 1 gol
Aldara: 1 gol

Agardamos con moita ansia o primer gol da nosa capitana Atenea



#VamosCampito



martes, 29 de octubre de 2013

Senior Masculio Local: Campito F.S"B" 5 - 0 C.D Miralba

O Partido disputouse no Múnicipal de Reboreda o Domingo ás  13:00. Prentábase un partido difícil , ante o líder da categoría asta ese instante , o CD Miralba.
Iago convocou a :


1 Abel
2 Raul ( xuveníl ) 
3 Borja ( xuveníl )
4 Nelson
5 Simon
6 Will
7 Manu
8 Puchi
9 Javi
10 Ivan


O quinteto inicial sería: Raul baixo os paus e Puchy , Iván , Nelson e Will  no terreo de xogo.
A primeira parte foi moi mala , con moitos nervios , contras de ambos de equipos qe semellabam un patio de escola , Raul o gradameta da primera parte do nóso equipo salvounos en varias ocasións.
Sobre o min 15 da primeira parte córner a favor , o equipo sinala a xogada e Manu marca a placer no segundo pau. Non moito máis tarde falta a favor , son Nelson e Manu quenes tras unha xogada  ensaida agasallan ás gradas co segundo no marcador e co segundo na conta particularde Manu. E nun bo contra-ataque Nelson-Simon-Borja, este último acaba fulminando ó porteiro 3-0. É sen moito mais que contar descanso no partido.

Comeza a segunda metade, o équipo que conxurouse no descanso para facer mellor xogo non defraudo e facianse bóas transacións que o porteiro do equipo rival tiña que lucirse.. Ata que Nelson moi listo rouba un balón e cun trallazo mete o 4-0 e así cerrabase o partido, pero aun faltaríase o ultimo gol que Nelson deixa o esferico a Will para que este empuxe o balón. A pesare do 5-0 Abel tamen tube que lucirse na segunda metade. Tamen destacar o moi bón partido de Puchy e que Ivan non fixo faltas.

Debido a o bó reultado as notas seran bastantes elevadas:

Raul: 9
Abel: 9
Puchy: 8,5
Ivan : 7,5
Nelson: 9
Manu: 9
Simon: 8,5
Borja: 8,5
Javi : 7,5
Will : 7,5 

- MvP: Manu

- Goleadores xerais:

Nelson: 3 goles
Manu: 3 goles
Borja: 1 gol
Will: 1 gol 
Ivan: 1 gol
Riqui: 1 gol

-Goles encaixados:

Pio: 1 gol
Abel: 1 gol

Éste fin de semana vistaremos ao Zamans o colista categoría pero seguro que vai facer falta un bó partido para sacar os 3 puntos.


#VamosCampito


domingo, 27 de octubre de 2013

Xuvenil: Campito 5 Vigo 2015 "B" 6

Resultado difícil de dixerir.

O noso equipo xuvenil recibía o filial do Vigo 2015 en Reboreda, no partido mais importante no que vai de tempada, os nosos xogadores mereceron mellor recompensa, posto que a falta de 6 minutos para o remate do encontro, con numerosas ocasións erradas na segunda metade e co marcador a favor de 5 a 3, os nosos rapaces non souberon xogar coa sua ventaxa e isto fíxolle perder o encontro, o Vigo cun bo xogo en ataque dende o principio do partido, conseguiu nun final tolo darlle a volta o marcador. 

A liga e larga e de seguro que os nosos rapaces non van tirar a toalla tan facilmente e seguirán loitando ata o final en cada encontro.

Os goleadores locais foron Riki con dous goles Dani con outros dous tantos e Jaime cun gol.

¡¡ÁNIMO RAPACES!!

Campito F.S. Provincial 12 Mcdonalds Samil 3

Partido con pouca historia o que se viu este domingo en Reboreda, o equipo vigués visitaba terras redondelanas con tan só 5 efectivos, e isto acabou resultando decisivo.

Fran plantexou por primeira vez no que vai de temporada un partido con presión en 35 metros, e para elo apostou por un cinco inicial formado por Óscar,Simón,Varo,Pablo e Borja(Juvenil) , agardando a súa oportunidade no banco Borja,Guille,Yago,Mouso,Iago,Rucho e Sebas, esta presión facía que os visitantes non se sentisen cómodos e perdesen balóns continuamente, isto provocou que os goles fosen caíndo pouco a pouco ata chegar ao definivo 12-3 que se mostraba no luminoso do Municipal de Reboreda a falta de 2 minutos para o final, cando a expulsion de un xogador vigues unido a unha lesion fixo que o arbitro dese o partido por rematado ao contar os visitantes con tan só 3 efectivos.
Partido sen moita mais historia en onde os goleadores azulons foron Mouso(2) , Sebas (2) , Pablo(2) ,Rucho(2) , Varo (2) , Guille(1) e Iago(1).


Para a semana visitamos Valadares , en onde intentaremos defender esta terceira praza na que nos colocamos momentáneamente.



viernes, 25 de octubre de 2013

Senior Feminino: BFS a Ponte - Campito F.S

Encontro que terá lugar no Pavillón de baiona o sábado as 16:00 . O equipo dirixido por Jorge viaxa a baiona a por los 3 puntos , frente estara o BFS a Ponte ( Baiña) un rival nada sinxelo que ten 3 puntos na clasificación ( 2 partidos perdidos 1 partido gañado ) , os mesmos puntos que o nóso equipo pero nós cun partido menos .

O equipo e a directiva espera que nós clasifiquemos para primeira e para iso non podemos fallar.
Despois da boa imaxe amosada este fin de semana ante o Miño FS esperamos saír de baiona con os 3 puntos.

Será Iago quen ocupará a baixa Jorge.

Jorge para o sábado convocou a:

1Atenea
2Sara
3Jenny
4Laura
5Aldara
6Uxía
7Flor
8Iria
9Raquel

Son baixas:
Marta por motivos persoais
Lucia por decisión tecnica
Sabela por lesión

Agardamos que a nosa afección nos arroupe e acompañe a pesares do lonxe que se celebra o partido.

Imos a pola victoria rapazas!!!


#VamosCampito

Senior Masculino: Campito F.S "B" - CD Miralba

Este domingo no Múnicipal de Reboreda as 13:00 o equipo liderado por Iago enfrentase o CD Miralba o lider da categoría con 6 pts , os mesmos que nóso equipo pero nós contamos cun partido menos por descansar a primeira xornada.

O equipo quere seguir con a mesma dinámica e seguir sumando de 3 en 3 e sen olvidar o bó xogo que esta praticando.
Será un partido moi disputado debido a calidad do CD Miralba coñecidos do ano pasado da liga xuvenil, un equipo moi novo como o noso.

Para iso iago contará con:

 1 Abel 
2 Pio
3 Puchy
4 Nelson
5 Manu
6 Will
7 Ivan
8 Javi
9 Borja ( xuvenil )
10 Simón ( do primeiro equipo )

E Marcos e dúbida, xa que hoxe  tramitarase a súa ficha.

Agardamos que o equipo mostre a mesma intensidad ofrecida nós encontros anteriores.




#VamosCampito

PREVIA CAMPITO F.S. provincial - MCDONALDS SAMIL F.S.

Este vindeiro domingo o equipo sénior provincial recibe nó Municipal de Reboreda as 11:30 ó Mcdonalds Samil, equipo que ocupa o último posto na táboa clasificatoria con tres derrotas en outros tantos partidos, pero nunha liga tan igualada este dato perde valor, polo que os nosos non poden cair na relaxacion, xa que esta só nos levaría a derrota.
A victoria e de suma importancia , pois colocaríanos con 8 puntos nunha cómoda posicion e sen perder de vista os postos nobres da categoría, aínda que non sexa o noso obxectivo real aspirar a eles.
Para este partido Fran conta coas baixas de Ray por lesión e de Fredo por sanción, e para completar a lista voltara a citar ó xuvenil Borja, que tan ben o está facendo sempre que e chamado.
A pesar do cambio de día e do horario matinal, esperamos que a afección responda como ata o de agora e nos axude a sumar estes importantes e necesarios puntos.
Dende estas liñas os compoñentes do equipo provincial tamen vos pedimos axuda para o equipo xuvenil, que este sábado xoga ante o Vigo 2015 un partido clave se de verdade queren optar a conquista do título.
ÁNIMO RAPACES!!!!!!!   O sábado todos a Reboreda!!!!!!

jueves, 24 de octubre de 2013

Previa Xuvenil: Campito F.S vs Vigo 2015 "B"

Partido vital para as aspiracións do noso equipo neste campionato ligueiro.

Probablemente os dous conxuntos mais en forma da categoría enfrentanse este sábado as 12:30 no municipal de Reboreda, nun partido importante para ámbolos dous conxuntos posto que o que gañe o encontro comandará a táboa clasificatoria en solitario, xa que con tres xornadas xogadas ata o de agora, os dous conxuntos contan os seus encontros por victorias. O conxunto o que nos enfrentamos e o filial do conxunto Xuvenil da liga galega e so por isto a calidade dos seus xogadores queda fóra de toda dubida, será un encontro entretido no que cada xogador terá que dar o mellor de si, confiamos que os nosos rapaces sacarán o partido adiante e os tres puntos queden na casa, para este partido Yago poderá contar con todolos seus efectivos posto que o equipo provincial xoga o domingo, a lista vai a estar composta por:

14- Raul
2  - Josu
3  - Dani
5  - Riki
6  - Jaime 
8  - Michi
9  - Borja
10- Joni
11- Diego


ÁNIMO RAPACES ÁNIMO CAMPITO

martes, 22 de octubre de 2013

Senior Femenino: Campito F.S 2 - 4 Miño F.S

Non e sinxelo facer unha crónica despois dunha derrota e máis despois do sucedido.

Partido que correspondía a terceira xornada de liga, o noso segundo partido, despois de que na segunda xornada as nosas non xogaran polos problemas explicados anteriormente.

Presentabase un partido difícil, xa que xogabamos ante un rival con moita calidade, as subcampionas de PRIMEIRA da liga pasada!

Contabamos con duas importantes baixas: Sara, gran xogadora e Sabela, gran porteira e única porteira do clube.
O partido disputouse no Pabillón de Reboreda o pasado Domingo as 11:00h.
Jorge apostou por xogar con Marta na portería e completou o quinteto inicial con: Atenea, Raquel, Aldara e Uxía. Agardaban o seu turno no banco: Jenny, Flor, María, Iria, Laura e Lucía.

As nosas empezaron moi ben, facendo boas e longas combinacions, e ben prantadas sobre o terreo de xogo. O equipo rival tamén chegaba, pero Marta, moi segura, soubo solventar estas chegadas.

No minuto 15 da primeira parte unba boa combinación acaba cun pase ao segundo pau e Laura bate a  porteira rival facendo así o 1-0.
Seguíamos atacando, pero os paus e a porteira rival non permitiron que nos distanciasemos.
Acabando o primeiro tempo, un córner a favor mal sacado propicia unha contra rival e baten por abaixo a nosa porteira 1-1. E así chegaríamos ao descanso.

As nosas, con máis gañas que nunca, sairon no segundo tempo intentando adiantarse no marcador, seguían con bo xogo sorprendendo ao equipo rival, pero a sorte non estaba do noso bando..
Unha falta en contra no medio do campo adiantaría ao Miño F.S co 1-2. O equipo, en vez de virse abaixo segui ao seu, e non deixou de atacar ata que un potente tiro de Uxía deu no longueiro e entrou na porteria visitante convertendose nun auténtico golazo, 2-2. 


Non moito mais tarde, deixamos xirarse a unha xogadora rival, e de forte tiro raso fai o 2-3.
Jorge apuesta por porteira-xogadora que se otorgaría a Atenea. Boas combinacions que acaban con potentes tiros que non entran , un moi bo tiro de Lucía vaise a escadra e.... fora..
Xa co partido terminado unha mala saida de balón de María chega ao equipo rival e marcan o 2-4 sin oposición.
Destacar tamen que Atenea salvou un bo balón que se colaba na nosa portería estando de porteira-xogadora.
Resultado inxusto, pois o noso equipo mereceu a victoria.
Moi bo partido, destacar e agradecer as nosas as gañas e a implicación co equipo e o bo xogo . En breves este equipo daranos moitas alegrias . 


Goleadoras xerais:

Jenny: 2 goles
Aldara: 1 gol
Laura: 1 gol
Uxía: 1 gol


                                #VamosCampito

domingo, 20 de octubre de 2013

Xuvenil: Bembrive F.S 0 Campito F.S 7

Partido sen moitas complicacións o vivido a mañán de onte na pista central de travesas.

Os rapaces sairían co seu obxectivo en mente dende os primeiros intres, lograr os tres puntos, a proba foi o tempraneiro gol de Borja que os 30 segundos lograba perforar as maias cun bo disparo. A primeira parte acabaría cun 0 a 5 a favor dos nosos rapaces, os goles marcados por Josu, Michi, Borja e un xogador rival en propia porta. Raúl foi un espectador mais no partido, xa que neste periodo non tivo que empregarse en ningunha ocasión.
A segunda parte quizais foi a peor parte xogada polo equipo no que vai de tempada, pouca intensidade no xogo fruto da relaxación do resultado, ainda así tiveronse ocasións para que o partido acabase cunha goleada mais abultada .Nesta metade chegarían dos goles mais un de Josu e outro de Dani nunha fermosa xogada ensaiada de falta, o marcador non se movería mais ata o remate do encontro.

A semana antoxase importante xa que os nosos rapaces reciben ó coco da categoría o Vigo 2015 que tampouco perdeu partido, moito traballo entre semana para Yago e os seus rapaces para preparar un partido vital. Moita sorte rapaces. 
               
¡¡ÁNIMO CAMPITO!!

Senior Masculino: Treboada 1-3 Campito F.S "B"

O equipo desplazouse ata Teis con bastantes baixas e dúbidas, pero con toda a ilusión do mundo. Xogamos contra o líder e sen dúbida a mellor plantilla da liga.
Iago convocou a:
1. Abel
7. Iván
11. Javi
5. Puchi
10. Manu
6. Will
4. Nelson
13. Pío
E os xuvenís: Riqui e Jonás.

Tiña toda a pinta de ser un partido duro e competitivo, polo que Iago apostou por saír de cara con Abel na porta e Nelson, Iván, Manu e Javi no campo. Os primeiros compases foros igualados, pero con maiores chegadas perigosas á portería contraria que o porteiro rival despexou con bastante dificultade. Nos dez minutos iniciáis o adestrador tivo varios problemas coas innmediatas lesións de Javi e Will, o que levou á súa inmediata retirada do terreo de xogo durante o resto do encontro. Tras unha boa xogada ensaiada, no minuto 12, o balón vai dende os pes de Puchi ata os de Nelson para finalizar este cun fulminante golpe dende o segundo pau e acadando así o primeiro tanto do partido, o 0-1. No último minuto foi un gran Abel quen parou un complicado penalti e mantivo o resultado. Xogamos unha primeira parte moi intensa, polo que puidemos chegar ao descanso con máis dieferenza no marcador, pero non foi así.
Comezou o segundo tempo, e nunha contra encabezada por Pío, Manu, Riki e Nelson remataron cun estupendo gol do noso xuvenil, adiantándonos no marcador por 0-2. O Treboada optou por atacar con porteiro-xogador, e o Campito aguantou durante varios minutos a presión ata que foi inevitable que obtiveran o seu primeiro tanto. O partido volveu a igualarse tras ese 1-2. Continuamos roubando o balón, rematando cada xogada con tiros á portería contraria, mais os paus e a mala sorte non nos permitiron acadar un distanciamento maior no marcador ata que Manu, nun lanzamento dende medio campo e sen porteiro conseguiuno. E así rematou o encontro, cun 1-3 no marcador.

Destacar a expulsión a Iván por dobre amarilla e a deportividade por ambos equipos.
Por suposto toda a nosa forza para unha rápida recuperación de Will e Javi !

O equipo local enfrontarase esta fin de semana ante o CD Miralba, quen será un duro rival pero ante o que nos presentaremos coa mesma actitude que a tarde de onte.

Como novidade, a partir de agora poderedes coñecer a valoración que o adestrador do equipo local, Iago, daralles aos xogadores en cada un dos partidos levados a cabo cada xornada. Comezamos coas do pasado Sábado, que son as seguintes:
Pío: 8'5
Abel: 8'5
Jonás: 7
Riki: 8
Manu: 8
Iván: 7
Puchi: 7
Nelson: 9
Will: -
Javi: -

· MvP: Nelson
· Goleadores xerais:
Nelsón: 2
Iván: 1
Riqui: 1
Manu: 1
· Goles encaixados:
Pío: 1
Abel: 1


Un bo arranque que agardamos que siga asi !
Poderedes ver as fotografías esta noite.


#VamosCampito

Baiña F.S. 3 Campito F.S. 3

Presentábase o equipo senior Provincial en Baiona coa ambición de demostrar que é un equipo correoso e que non lle regalará nada a ninguén, e para elo Fran apostou por un cinco inicial formado por Óscar, Varo,Simón,Pablo e Borja(Juvenil) , agardando a súa oportunidade no banco Yago,Ray,Borja,Guille,Sebas e Rucho.

O partido comezou cos nosos metidos en 20 metros e co Baíña cun rápido desprazamento de balón, e basando moito o seu xogo en paralelas, con esta situación os locais dispuñan de prácticamente a totalidade da posesión e os xogadores azuis moi imprecisos e incómodos, froito disto chegou o primer gol Baionense aos 2 minutos, tras un saque de banda fatalmente defendido que rematou de calcaño un xogador local.
Ante isto Fran decide subir a presión a 30 metros e o equipo comeza a recuperar balóns moi fácil,e a gozar de algunha illada ocasión sempre detida polo porteiro do Baíña, pero un corner ao noso favor acaba en gol dos locais, polo que o 2-0 e o gran apoio mostrado dende as gradas con xente animando con bombos e alentando os seus con numerosos cánticos parecían facer imposible a remontada Redondelana.
Pero novamente este equipo sacou esa raza que tanto o caracteriza, e isto unido a un grandisimo xogo con rapidísimas transicións defensa-ataque fai que Pablo fusile ao porteiro nunha contra amagando o pase ao segundo pau a Rucho batindo ao porteiro polo primeiro, faltaban 7 minutos para o descanso e parecía que os nosos se facían co peso do partido, e as oportunidades seguían chegando, pero os locais gozaban de un dobre penalty que o noso especialista na portería dende os 10 metros(Yago) paraba cunha boa estirada, seguía o dominio visitante ata que Rucho tras unha contra perfecta iniciada maxistralmente por Óscar dende a portería, batía ao porteiro cunha sutil picada, así se chegaba ao descanso cun 2-2 bastante xusto.

A segunda parte comeza cunha decisión arbitral que claramente marcou os 18 minutos restantes, a INXUSTA expulsión de Varo por dobre cartón amarelo por facer duas "faltichas", a forte presión exercida polo público local parecía facer mella nun árbitro que parecía moi concicionado por isto.
Pero o equipo tirou de casta e supo refacerse a falta de un xogador importantísimo, e na seguinte xogada Rucho batía ao porterio cun forte disparo que se colaba entre as pernas do meta.
A partir de aquí os dous equipos presionaban en campo contrario polo que se viron 5 minutos de locura xeneral, con numerosos erros e múltiples ocasións, entre elas 1 balon ao pau ao Rucho, 2 mans a mans de, un espectacular onte, Simon ,varios tiros exteriores de Pablo e mesmo unha boa chegada do xuvenil Borja ,sempre detidos polo meta local, pola sua banda Yago tamén tivo que emplearse a fondo en varias ocasións.
Froito de un erro na finalización dos nosos chegou unha contra visitante, que acaba cun mal despexe que acaba no segundo pau, e a porta vacía un xogador amarelo fai o 3-3.
A partir de aquí minutos de tanteo, e a falta de 4 minutos Baiña saca porteiro xogador sen crear perigo, e nun erro Simón rouba un balon e encara a portería valeira , e de boas a primeiras Baiña prantase con 6 xogadores na pista tras saír o porteiro dende o banco cando o xogador que estaba facendo as labouras de porteiro-xogador ainda non abandonara o campo, cousa que o arbitro ignorou, aí se nos ían as opcións de gañalo partido.
Remata o encontro e os compoñentes do Campito FS vanse coa impresión de poder haber traído os 3 puntos para Chapela, pero coa satisfacion do traballo ben feito

Sen dúbida partidazo o vivido nun ambiente impresionante digno de categorias superiores, asi da gusta xogar a futbol sala, polo que non nos queda outra que felicitar ao Baiña FS, equipo que esta facendo un gran traballo polo fútbol sala local e provincial.
Novamente gran aportacion do xuvenil Borja, xogador que parece asentado xa no primer equipo confirmando que a filosofía do clube basase na Canteira.


A vindeira semana recibiremos ao Macdonalds Samil o domingo en Reboreda as 11,30 da mañán coa intención de sumalos 3 puntos que nos poña con 8 puntos de 12 disputados, cousa que parecía imposible ao principio de tempada.


viernes, 18 de octubre de 2013

Previa Xuvenil  Bembrive F.S Campito F.S

Despois dun bo arranque ligueiro con duas victorias no seu casilleiro os rapaces do equipo xuvenil confían en seguir coa boa racha de resultados, esta fin de semana visitan a un equipo mítico da cidade de Vigo como e o Bembrive F.S un dos equipos máis importantes da cidade, o encontro xogarase as 11:30 do sábado no pabillón central de travesas, un escenario moi axeitado para a práctica de este deporte.

Para este partido Yago poderá contar con todos os seus xogadores xa que Jaime recuperouse das suas molestias no xeonllo.

A convocatoria estaría composta por:

Raúl
Joni
Riki
Jaime
Dani
Josu
Michi
Diego
Borja

Ánimo rapaces Ánimo Campito.




Previa Senior Masculino Local: Campito F.S. "B" - Treboada

Despois dun bo primeiro encontro toca xogar ante o todo poderoso Treboada, sen dúbida algunha o rival con máis nivel e experiencia da liga, incluso é posible que o que mellor xogo fai de toda a categoría e un bo candidato a levar o título con dúas victorias en dous partidos ata o de agora, e xogadores con calidade de sobra coñecida na cidade como Pi ou Joni fan dos de Teis un rival solido e complicadisimo.

Nesta xornada contamos coa baixa de Marcos, debido á tramitación da súa ficha, así como as baixas dos xogadores da Liga Provincial xa que o seu partido coincide en horario con este mesmo xunto aos que estará Borja, o noso xuvenil, loitando co primeiro equipo. Iso si, asistiremos ao terreo de xogo con máis ganas e ilusión que nunca, este Sábado estaremos loitando ás 16:00h polo partido no Pavillón de Teis, e se se dá, por unha victoria.


O mister Iago convoca aos seguintes xogadores no Pavillón de Teis ás 15:15 :
1. Pio
2. Abel
3. Puchy
4. Nelson
5. Manu
6. Iván
7. Will
8. Javi

E aos xuvenís: 
9. Riki
10. Jonás

Dous novos xuvenis se unen a un equipo senior, esta vez o local, polo que a canteira do clube demostrar gozar de unha moi boa saude.

MÁIS CANTEIRA E MENOS CARTEIRA!


#VamosCampito


jueves, 17 de octubre de 2013

Previa Baiña FS - Campito F.S. Provincial

O equipo senior provincial desprazarase este vindeiro sàbado a terras baionesas, en onde rendirá visita ao Baiña FS as 16:30 horas,este equipo conta no seu haber con tres puntos nestas dúas xornadas de liga, tras vencer 1-6 ao Cereixa a domicilio e tras perder 3-4 ante o todopoderoso Arealonga FS nun igualado encontro que se decidiu a falta de décimas para o final.
Isto mostra o gran nivel dos baioneses que ademais son adestrados por Javier Vidal, de longo o mellor adestrador da categoría (2 temporadas en Terceira Division co ADFS Bueu FS avalan este dato), polo que probablemente se trate de un equipo moi táctico e perfectamente traballado.

Para este encontro Fran contará coas baixas seguras de Mouso e Iago por motivos persoais asi como Fredo por sanción, e debido ao horario tanto Ray como Borja seran dúbidas ata ó ultimo momento, ó igual que o mesmo Fran por motivos laborais.
Ademais a esa mesma hora xogará o filial en Teis ante o Treboada un partido importantísimo, polo que para completar a lista Fran voltará a citar a Borja do equipo xuvenil.
A pesar destes inconvintes os redondeláns viaxan coa máxima ilusión de facer as cousas ben e tratarán de "dala campanada" ante o potente equipo baionés.


Vania Tomiño - Campito FS Femenino suspendido

As nosas rapazas do senior provincial desprazaronse a Tomiño este sabado pasado para disputar o segundo encontro da liga, pero o arbitro decidiu que non se disputase , debido a que , no seu criterio, as equipacion levaban ao engano.
A pesar de ser violeta a camisola do equipo local e azul escuro a visitante, e a pesar de que tanto Vania Tomiño como Campito FS quixeron xogar o encontro o arbitro decidiu non dar comezo ao envite.
Agora quedamos a expensas da decision do comite de Competicion, pero esperamos que se faga xustiza e manden xogar o encontro.
Dende esta web, tamen damos as gracias ao Vania Tomiño, equipo que fixo todo o posible para poder disputar o encontro, dando unha leccion de compañeirismo e deportividade.
De feito sacabn este comunicado na sua paxina oficial de Facebook

"Debido a unas decisiones arbitrales totalmente incoherentes e inconsecuentes, el partido fue suspendido. 
Estamos a la espera de lo que la Federación dicte: si jugarlo otro día o darnos el partido por ganado.
Sea cual sea la decisión, no será la que hubiesemos querido ambos equipos en esta jornada."

martes, 15 de octubre de 2013

Entrevista a Iago Fernandez Costas , presidente do Clube.


Boas Iago, primeiro de todo queremos preguntarche polas orixes do clube, como naceu e de onde xurdiu a idea.
Boas noites , pois primeiro eramos un grupo de amigos, a maior parte de Chapela, que nos xuntabamos para os torneos , e tomamos a decison de xuntarnos para xogar toda a tempada xuntos.

Falando xa desta tempada, fainos un analise de cada categoria e dinos cales son os obxectivos de cada unha
O obxectivo principal e que todolos xogadores e xogadoras que forman parte do clube esten contentos/as, que disfruten deste deporte, iso e o que mais me importa.  Despois en aspectos deportivos considerome moi ambicioso, no Senior Provincial temos un gran grupo humano, e un gran adestrador,penso que o podemos facer ben,pero paso a paso que a categoria e nova para nos.
No que se refire ao Casa Conchita, equipo que tamen forma parte do clube, e compite na Provincial Norte espero que acaben na zona alta do taboa, e includo poida pelexar polo ascenso, pois tratase dun equipo con experiencia na categoria. O senior local esta conformado por xente moi xoven, o 90% acaban de rematar de xuvenis , pero ainda asi penso que podemos acabar arriba na taboa. O Provincial Feminino conta con un gran adestrador, cunha dilatada e exitosa traxectoria,pero o plantel e totalmente novo, o cal sera un handicap importante, pero ainda asi espero que consigan clasificarse para a Primeira Division Provincial.O xuvenil masculino e o equipo mais asentado do clube, e o que mais se lle esixe nun principio, penso que xunto Vigo 2015 podemosser un dos favoritos da liga Provincial.
O cadete masculino e unha incognita, pois ainda non empezou a liga, pero hai grandes xogadores, case todos de primer ano e infantis, polo que o obxectivo e aprender e facelo o mellor posible.
O alevin femenino esta composto por 4 alevins de primeiro ano, duas benxamins de segundo ano e unha benxamin de primeiro ano, e o seu primer ano neste deporte, polo que o obxectivo e que disfruten deste xogo e pouco a pouco vaian aprendendo.

Que pretendes facer do Campito FS, como ves o futuro do clube?
Pois quizais me poidades chamar tolo, peroa longo prazo quero que o clube medre dende a base, e chegar a ser un clube coñecido en Galicia, co paso dos anos, e pouco a pouco, pero sobre todo con moitisimo traballo e dedicacion penso que se pode conseguir.

Pensas que a canteira e clave neste proxecto ou e algo de "recheo" ?
Sen dubida e o mais importante para nos, sabemos que un xogador que esta no clube dende os 12/13 anos e chega ao primer equipo  vai a disfrutar xogando por que sinte as cores e sinte o escudo, e ademais queremos ser unha escola de Futbol Sala, polo que queremos formar non so xogadores, senon tamen persoas.

Eres moi esixente cos adestradores dos teus equipos, pensas que poden ser proxectos duradeiros?
Realmente, espero e desexo que si, estou moi impresionado coa implicacion de cada un deles, estanse involucrando moitismo neste proxecto, e isto e importantisimo para min.

Agora imos a facerche un pequeno text a nivel futbol sala:
Clube no que te fixas a nivel provincial:  Baiña FS
Mellor xogador da Provincia:  Jacobo Amoedo(Bembrive FS)
Mellor adestardor da Provincia: Julio Mougan(Redondela FS)
Xogador/a do Clube q pensas que pode triunfar: Ainara(Alevin Feminino)
Para ti o futbol sala e: Todo

Moitas Grazas Iago, e esperemos que todo saia ben esta tempada para o Club Campito FS.


lunes, 14 de octubre de 2013

Derrota do Alevin femenino ante un gran Poio FS

O equipo alevin feminino caiu derrotado este sabado ante o Pescamar Poio FS, un verdadeiro equipazo de futbol sala, que conta con nenas que xa levan anos xogando ao futbol sala, e de seguro moitas delas acabaran chegando a xogar en categorias moi elevadas do futbol sala autonomico e Nacional.

As rapazas dirixidas por Iago e Will, estan empezando neste deporte, e as mellorias xa son notables, pero loxicamente hai que ir pasiño a pasiño, e o traballo dara o seu froito.
A liga para as masi pequenas do Clube comezara en Novembro, e a directiva esta moi ilusionada con este proxecto.

MOITO ANIMO RAPAZAS!!!!!

Campito FS 9 Playas de Pontevedra 3 (Amigable)

O equipo de Provincial derrotou ao Playas de Pontevedra por 9-3 no amigable disputado este sabado pasado en Reboreda, foi un partido malo en liñas xerais dos nosos, pero que a maior pegada amosada chegou para acadar unha comoda victoria.


Precisamos moita mais concentracion e intensidade se queremos competir na liga Provincial, coma sempre destacar a actuacion dos xuvenis que completaron a convocatoria, neste caso Raul , moi solido na porteria os primeiros 25 minutos, e Riki, con duas grandes xogadas persoais.


Este sabado volta a realidade ligueira, visitaremos ao Baiña FS , partido do que falaremos ao longo desta semana na sua correspondente previa.

sábado, 12 de octubre de 2013

Xuvenil: Campito F.S 6 Miralba "A" 1  

Victoria do xuvenil no seu estreo como local no municipal de Reboreda esta tempada.


As cousas poríanse de cara para os nosos rapaces xa que nos dous primeiros minutos o equipo xa gozaba dunha cómoda ventaxa de dous goles no seu casilleiro, o primeiro anotaríao Joni cun disparo cruzado dende fora do área, o segundo foi obra de Riki despois dun disparo dende lonxe que toca un xogador rival e cólase pola escadra, malia o resultado o equipo non se sentía cómodo no campo xa que non daba topado o seu xogo, co paso dos minutos os rapaces fóronse sentindo mais cómodos, proba de ello foi o aumento posesión de balón, o terceiro gol sería obra do debutante Fer do equipo cadete despois de rematar as maias unha xogada enbarullada dentro do área, faltando poucos minutos para chegar o descanso chegaría o gol do equipo visitante despois de rematar un balón dividido un xogador rival sendo incapaz de detelo Raúl.

No segundo tempo seguiría a mesma tónica do primeiro co Miralba adiantando filas para intentar acortar distancias no marcador, esforzo que non tería premio posto que Dani anotaría o cuarto despois dunha carreira pola banda acabando cun tiro cruzado, o equipo sentíase cómodo xa que Raúl case non tivo traballo nesta metade, o quinto sería obra de Josu despois dun disparo dende a frontal que se cuela na portería, o sexto gol marcaríao Diego despois dunha fermosa xogada persoal bate o porteiro rival cun forte disparo por baixo. O marcador non se movería mais ata chegar o final do encontro.

O equipo visita a vindeira semana o bembrive f.s  esperemos seguir coa mesma racha de resultados e seguir sumando de tres en tres. ÁNIMO rapaces ÁNIMO campito.

viernes, 11 de octubre de 2013

Previa xuvenil: Campito F.S vs Miralba "A"

Os nosos rapaces confían en seguir sumando de tres en tres.


Despois de acadar a primeira victoria na primeira xornada de liga en Tuy, os rapaces capitaneados por Joni confían en manter a racha de resultados e seguir sumando victorias no seu casilleiro, o equipo enfrentarase a un equipo mítico da categoría como e o miralba no municipal de Reboreda este sábado as 13:00, para este encontro Yago non podrá contar con Jaime por lesión, a súa baixa será suplida por Fer do equipo cadete sendo composta a convocatoria por:

Raúl
Riky
Joni
Josu
Dani 
Diego 
Michy
Borja
Fer

Dende aquí mandar o noso apoio a estos rapaces que dan todo por este club. ÁNIMO rapaces ÁNIMO campito.

Programacion Semanal

PROVINCIAL   Campito FS - Playas de Pontevedra(Amistoso) Pabellon de Reboreda Sabado 19h

CASA CONCHITA    DESCANSA

LOCAL MASCULINO  DESCANSA

SENIOR FEMENINO  Vania Miño - Campito FS( 2ªJornada) Pabellon de Tomiño Sabado 12h

JUVENIL  Campito FS - Miralba "A"(2ªJornada) Pabellon de Reboreda Sabado 13 h

CADETE  DESCANSA

ALEVIN FEMENINO Campito FS - Pescamar Poio FS(Amistoso) Pabellon de Reboreda Sabado 12 h

jueves, 10 de octubre de 2013

O equipo senior Provincial descansa esta semana

Tras acadar a primeira victoria do curso o equipo de Provincial descansara esta semana debido a que a FGFS non programou encontros para este 12 de outubro, festividade do Pilar.

Pero Fran programou dous amistosos para esta semana ademais do adestramento do Martes, no primeiro deles venceuse ao Nosas Ruas(Lider do grupo Norte de Provincial) por 5-2 , nun encontro disputado no Municipal de Teis.
E este vindeiro sabado as 19:00 visitaranos a Reboreda o Playas de Pontevedra, equipo encadrado tamen no grupo Provincial Norte, este equipo tratase do filial do historico Leis Pontevedra FS, equipo que milita na Terceira Division Nacional.

Para este partido sera baixa Ray, o cal se segue recuperando das suas molestias no pubis, ademais de Oscar por motivos persoais, polo que Raul do equipo xuvenil completara a lista de convocados.

De seguro que estes partidos valen para non perder ritmo e afrontar asi coas maximas garantias o encontro do vindeiro sabado en Baiona ante o Baiña FS.

lunes, 7 de octubre de 2013

Senior Femenino: Campito F.S 3 - 2 Caf Glorieta

O pasado Sábado presentouse este novo equipo, o Campito F.S. feminino, no pavillón de Reboreda, liderado polo seu adestrador Jorge.
Na convocatoria entraban 11 rapazas:
1. Sabela
2. Atenea
3. Laura
4. Raquel
5. Uxía
6. Iria
7. María
8. Marta
9. Jenny
10. Aldara
11. Sara
Quedaron fóra Lucía e Flor por traballo.
Estabamos ante un equipo alegre , divertido e con moito futuro.

Jorgue comezou o partido co quinteto titular, que o formaron: Sabela baixo os paus , Atenea , Laura , Uxía e Jenny.
Poucos minutos despois do comezo Jenny adelanta ao seu equipo no marcador tras un zapatazo, e uns intres máis tardes faría o segundo.
Na primeira metade, o equipo sentiuse cómodo sobre o terreo de xogo, ainda que lle falta moita traxectoria e pulir moitas cousas.
Na segunda metade foi Aldara quen golpeou forte o balón na saida dun corner e mandouno ao fondo das maias , facendo  así o 3-0. O equipo seguiu intentándoo coa mesma intensidade, as botas de Atenea e Jenny puderon acadar o 4-0 pero non puido ser. Os minutos seguintes o equipo rival, que se reforzou moi ben este ano, conseguiu acortar distancias ata o 3-2 pero o equipo soubo manterse e acadou a victoria.

Destacar tamén a  boa actuación de varias xogadadoras:
Sabela: na portería con MOI boas paradas.
Uxía: que sacou de quicio ás súas rivais cunha actución en defensa que non defrauda.
Atenea: coa súa gran clase deixou moi boas sensacións como capitana.
Jenny: cos seus 2 goles.
Marta: cunha actitude impresionante e un gran acerto.
Iria: o seu debut no mundo do fútbol con moitas gañas, unha gran loitadora.
Laura: coa súa gran implicación e o seu traballo para o equipo.
Maria: coa súa experiencia e gran xogo.
Aldara , Raquel e Sara: xogadoras de moita clase que nos axudaron e nos van axudar moito.

Primer partido de moitos gañado , hai cousas que mellorar pero moi boas sensacións deixaron estas rapazas, de cara ao club e de cara á nosa afeción.

Grazas por defender este escudo!!
Un saúdo.

domingo, 6 de octubre de 2013

Campito FS 3 Celado Mos 1

Chegou a primeira victoria do equipo senior provincial de esta temporada, e colocase con 4 puntos en 2 xornadas no seu debut na categoria.

Visitabanos un gran equipo, no que xoga xente de moita calidade e veteranos coma Cobi,Cuchi ou Severino e Fran optou por un cinco inicial formado por Oscar, Varo,Ray,Simon e Sebas, agardando a sua oportunidade no banco Yago,Iago,Pablo,Rucho,Guille,Borja(Xuvenil) e Riki(Xuvenil)

O partido comezou cos dous equipos tanteandose, pero cos nosos presionando moito mais arriba cos visitantes, trascurrian os minutos e a forte presion en campo contrario fai que nos poñamos con 5 faltas e que o Celado chegue a dispor de un lanzamento de 10 metros que logra deter Yago, os nosos estaban comodos en defensa pero a custaballe moito circular o balon con claridade, e ante este problema colectivo chegou unha boa accion individual de Ray, a falta de 5 minutos para o descanso, que tras desfacerse de dous defensas bate o porteiro mosense cun tiro cruzado raso, sen moito mais salientable chegabamos ao descanso.

Tralo descanso vimos os 7 mellores minutos deste equipo no que vai de liga, unha presion afogante en campo contrario e unhas rapidas transicions que o equipo mosense so e capaz de parar a base de faltas, cousa que fai que a falla de 12 minutos soe a serea para avisar da quinta falta visitante.
Na seguinte xogada un bo pase a espalda da defensa fai que Guille se quede so diante do porteiro, este opta por sair a desesperada e arrolla ao numero 19 chapeleiro ao borde da area, o arbitro sinala a falta e Ray decide lanzar dende ahi, rennciando aos 10 metros, non fallou o 8 azul e sumaba o 2-0 ao marcador.
Seguia prantexando un partido fisico Fran, debido a que o Celado tan so acudiu ao partido con 6 xogadores de campo, e tivo a mala sorte ,mediada a segunda parte, de sufrir unha lesion un dos seus xogadores, polo que tan so se quedaba cun cambio.
Pero nun despiste colectivo a falta de 8 minutos un xogador visitante fusila a Yago dende 8 metros sen oposicion e pon o 2-1 no marcador, parecia que o Celado collia moral e voltaba a ter opcions de levarse algo positivo de Pazos, pero novamente aparecia a figura de Ray, que voltaba a mandar as redes un lanzamento sen barreira a falta de 4 minutos, de aqui a final do partido so deu tempo para que Ray fallase un lanzamento de 10 metros.

Asi se chegaba ao final cun 3-1 favorable para os locais, que esperemos que saque a presion do debutante e permita ao equipo practicar o seu mellor xogo, novamente un 10 en actitude e compromiso para todo o equipo, polo que esa palabra tantas veces repetida por Fran(EQUIPO) comeza a tomar valor neste bloque.

Esta semana hai paron e o equipo visitara en 15 dias a un dos galiños da categoria, o Baiña FS de Javi Vidal, probablemente o mellor adestrador da categoria, polo que estara moi traballado o seu equipo.
Ademais de todo isto destacar os bos minutos que disputaron os xuvenis Riki e Borja, o que nos fai pensar que o futuro esta garantido, sumado a novamente o gran apoio mostrado polo publico que acompañou ao equipo a Pazos.
GRAZAS AFECCION