sábado, 30 de noviembre de 2013

Juvenil: Campito F.S 4 Miralba "B" 4

Encontro correspondente a novena xornada ligueira, xogado no muncipal de Reboreda.
Yago contaría dende o inicio na pista cun cinco formado por Raúl baixo paos, Borja, Hugo, Riki e Josu esperando no banco a sua oportunidade Michi Joni e Dani. O encontro rápidamente poríase de cara para os nosos con goles de Josu e Hugo, pouco durou este desnivel no marcador posto que o miralba antes do descanso conseguiría por as tablas no marcador, despois de dous erros clamorosos en defensa. Non foi o mellor partido dos nosos nin moito menos posto que o equipo estibo moi mal en defensa, sen intensidade, gañas e con moi pouca actitude, cousas fundamentales para xogar a este deporte. Na segunda metade o dominio era alterno cousa que fai que os dous porteiros teñan que empregarse a fondo, a igualdade seguiría no marcador ata que o porteiro visitante fai un clamoroso penalty, que desta vez o colexiado non lle queda outra que sinalar a pena maxima, que Riky encárgase de transformar, apartir de aqui o Campito domina o partido, proba disto as numerosas ocasións malgastadas, ata que Borja logra cunha dosis de fortuna bater o porteiro, pondo o 4 a 2 no marcador, faltaban dous minutos e parecía que o partido acababa así, nada mas lonxe da realidade, o equipo volve a caer na dexadez e falta de intensidade e deixase remontar o marcador a favor, acabando así o partido co 4 a 4 no marcador.
Ainda e temprano para falar das posiblidades o título, pero visto o visto hoxe no campo e no resultado, fan que estas posibilidades se vallan reducindo en consideración.

¡¡ÁNIMO RAPACES ÁNIMO CAMPITO!!

viernes, 29 de noviembre de 2013

Previa Senior Femenino: Treboada - Campito F.S

9ª xornada e última da fase clasificatoria , o encontro terá lugar no Pavillón San Salvador de Teis o Sábado as 16:00 .
Enfrente estará o líder :O Taberna do Celta Treboada é un equipo moi sólido e veterano, actual campión de segunda do ano pasado.

Antes , hoxe venres, viaxaremos a Tomiño a xogar o partido aprazado contra o Vania Miño, últimas clasificadas, pero de seguro que non vai a ser un encontro nada sinxelo.
Para este encontro contaremos con numerosas baixas, entre elas o noso adestrador Jorge , Marta , Laura , Lucía , Flor e Sara.

Volvendo ao encontro do Sábado pódese decir que é o primeiro Derby feminino da historia do noso clube , dous equipos veciños e con boa relación burocratica.
Será un encontro moi bonito para ver e xogar e coa picaresca que gañando o encontro superaríamos ao Treboada na clasificación, e según o que suceda en valadares no encontro " Valadares - Miño F.S " poderíamos quedar campionas ou subcampionas de grupo.

Antes de despedirnos deixamos unhas palabras da nosa capitana Atenea:
 " Como capitana del femenino digo que es un orgullo ser capitana de este equipo, ya por el grupo fenomenal que tenemos y del que espero grandes cosas , como el esfuerzo que hace toda la organización , que se que es un trabajo importante y que nadie tiene en cuenta !! Orgullosa de este club que tiene un gran proyecto y dentro de unos años todas sus categorías harán algo importante, tenemos que seguir todos en esta linea de apoyarnos unos a los otros "

Grandes palabras e adiantar que pronto publicaremos unha entrevista a nosa capitana.



 E decirlle que o orgullo é do clube de poder contar con ela nas nosas filas , igual que todo o equipo ao completo , un equipo novo feito este ano, as ordes de Jorge e Pancho que é unha piña  , todas reman na mesma dirección, un exemplo a seguir o que estan facendo estas rapazas.


Non faltedes o Sábado as 16:00 no Pavillón San Salvador !! Unha pena que os tres equipos Senior xoguen as mesma hora, o Primer equipo as 16:00 en Gondomar, o Filial as 16:00 en Valadares e o Senior Femenino as 16:00 en Teis..



#AnimoRapazas   #VamosCampito

Previo Cereixa Impromar - CAMPITO F.S. provincial

Este sábado o equipo de provincial viaxa a terras do Val Miñor, mais concretamente a Gondomar, en onde enfrontará ao Cereixa Impromar, filial do Cereixa de autonómica. Os de Gondomar sitúanse a 5 puntos dos nosos, pero cun partido menos, polo que unha victoria podería facer que nos superasen na clasificación.
Os nosos viaxan coa ilusión de poder manterse unha semana máis no liderato, e para elo debutará Fredo en convocatoria oficial, despois de rematar unha sanción de 8 partidos que traía do seu equipo de procedencia.
No resto da convocatoria destacan a baixa de Iago por lesión e a de Sebas que reforzará ao filial nun importantísimo partido para seguir no liderato, o xuvenil Borjita volve entrar na lista.
Esta semana foi unha semana atípica de adestramentos, pois Fran non puido asistir a ningunha sesión por motivos laborais, polo que o seu segundo adestrador Julio fíxose cargo dos adestramentos, a pesar disto, seguro que o equipo saca a súa mellor versión ante un equipo,que conta coma carta de presentación a súa victoria a domicilio ante o Arealonga, polo que a calidade dos gondomareños queda fora de toda dúbida.
Adri, un dos axudantes do técnico pensa que "este partido é un dos partidos mais importantes do que vai de tempada , despois de conseguila victoria no derby ante o que era lider, e arrebatarlle ese posto de privilexio é o momento de corroborar este gran momento polo que pasamos e non cair na relaxación. Despois de gañar a un rival tan importante os equipos soen relaxarse un pouco despois do gran esforzo realizado, pero aí e onde entra a laboura do mister e dos seus axudantes de facer que isto non ocurra. Na miña opinión o camiño levado ata agora é o camiño a seguir".
O xuvenil Borjita,que parece asentado no primer equipo opina que "temos que ir a Gondomar coa máxima intensidade posible, é un partido clave, pois se gañamos podemos ser campións de inverno, cousa que tendría un mérito terrible. Tamén precisaremos do apoio da afección, pero isto xa o damos por feito, pois nunca nos fallan, e son unha afección impresionante. No plano personal síntome con moitísimas ganas de mellorar e aprender, e así aproveitar as oportunidades que o mister me está dando, e para elo teño que dalo máximo en cada partido e en cada adestramento."
Dende estas liñas o equipo provincial quere darlle as grazas ao equipo senior feminino polo seu apoio a semana pasada no derby, e aproveitamos para felicitalas pola súa clasificación para a Primeira División Provincial, un grupo moi traballador con un gran adestrador, e sen dúbida un grupo onde fixarnos e de onde aprender o significado da FILOSOFÍA CAMPITO.
NORABOA RAPAZAS!!!!!







martes, 26 de noviembre de 2013

Senior Feminino: Campito F.S 11 - 2 Almuiña

8ª xornada da liga clasificatoria , Dispotouse no Pavillón Municipal de Chapela ante o Almuiña as 18:30.
Antes de todo dar a noroboa a estas rapazas que a falta de unha xornada e un encontro que ainda teñen aplazado son matematicamente de PRIMEIRA !!

Noso adestrador Jorge non puido asistir ao encontro e non seu lugar dirixiu o encontro Pancho o delegado do equipo.
O quinteto inicial foi: Sabela , Atenea , Aldara , Sara e Jeny , esperando no banco a sua oportunidade: Iria , Uxía , Sara e Marta.

Un encontro sen moito que contar , dominado de principio a fin das nosas , aunque as veces falta de intensidad e atencion das nosas rapazas provocaron malas rachas de xogo.

Os tantos anotounos: 4 Atenea , 2 Uxía , 2 Iria , 2 Jeny , 1 Aldara.

O marcador o abriría a nosa capita Atenea e tamen marcaría o segundo tanto , un partido completo que marcaría asta 4 tantos.

A pesare do abultado resultado Sabela traballou moito baixo os paus, facendo un bo traballo.

Destacar o dobrete de Iria, que se entreou como goleadora.

Enoraboa rapazas , unha fase clasificatoria enorme.. Obxetivo cumplido xogaredes en Primeira Provincial !!!

Este fin de semana tendran dous encontros por diante , moi diferentes se cadra , o venres contra as últimas clasificadas vania miño as 19:30 en Tomiño . E o Sabado contra o Treboada o lider da fase neste intre , moita sorte podedes facelo!!

Goleadoras xerais:

Atenea: 6 Goles
Aldara: 5 Goles
Jeny: 5 Goles
Uxía: 4 Goles
Raquel: 3 Goles
Laura: 3 Goles
Lucía: 2 Goles
Iria: 2 Goles
Sara: 1 Gol


Esperamos que o gran traballo de Marta co seu bo xogo e traballo chege pronto en forma de tantos.


#VamosCampito   #VamosRapazas


Fredo volta trala súa sanción

Tras cumplir a frioleira de 15 partidos de sanción por "xogar con ficha falsa" a temporada pasada cando era xogador do Union F.S. o xogador Alfredo Fernández Misa "Fredo" estará dispoñible para o partido desta semana que o equipo de provincial disputará ante o Cereixa en Gondomar, sempre e cando o seu adestrador Fran o considere oportuno.
Trátase de un xogador que nos debería dar un salto de calidade na definición das xogadas, pois unha das súas principais virtudes e o regate e o gol.
Tras facer unha ilusionante pretemporada por fin lle chega a hora de poder debutar co primer equipo do Campito F.S.
 Ante este posible debut quixemos coñecelas sú impresións.

Boas Fredo, imaxinamos que xa tendrías gañas de acabase a sanción non?
A verdade e que si, tiña moitísimas gañas de que acabase a sanción, e así poder aportar ao equipo todo o posible.
Como te describirías como xogador?
Penso que son un xogador peleón, disputo cada balón como se fose o último, e intento aportar sempre o máximo ao equipo.
Como ves ao equipo neste comezo de liga?
Na miña opinión temos un equipo moi competitivo e moi equilibrado, con moi bos xogadores e sobre todas moitísimas gañas de facer as cousas ben e aprender para poder facer algo grande esta tempada.
Cal pensas que debe ser o obxectivo do equipo esta tempada?
Penso que o obxectivo ten que ser ir partido a partido, intentando estar o mais arriba posible a final de temporada, e por que non pelexar polo ascenso de categoría.
Cales foron os motivos da tua fichaxe polo Campito F.S.?
Pois o ambiente en xeneral, mais que un equipo parece unha segunda familia, moi bo ambiente no vestiario e nos adestramentos, e logo moita seriedade a hora de competir e lograr entre todos bos resultados.
Que pensas que podes aportar ao equipo?
Aportarei ao equipo todo o que esté na miña man,moito sacrificio e deixarme os pulmóns por este escudo que defendo con moita honra e respecto.
Como definirías ao equipo de Provincial?
Un gran equipo con moito futuro por diante, xa que somos un grupo moi xoven con gañas de disfrutar xogando futbol sala e coa ambición de pelexar polos primeiros postos.
Que opinion che merece o adestrador?
Penso que Fran é un dos mellores adestradores que tiven nunca, é moi sabio, e penso que a súa principal virtude é o ben que lee os partidos


Moitas grazas Fredo, e benvido ao clube.

domingo, 24 de noviembre de 2013

Senior Local: Campito F.S "B" 4 - 0 Hobby Picacho

A 8ª xornada da liga Local de Vigo enfrentaba ao Campito FS "B" ante o Hobby Picacho, os únicos equipos da liga que non coñecían a derrota ata o momento. Desputouse o día de hoxe ás 12:00h no Pavillón Municipal de Reboreda.

Iago convocou a:
1. Abel
2. Raúl, xuvenil
3. Nelson
4. Javi
5. Sebas
6. Simón
7. Marcos
8. Sergio
9. Iván
10. Borja, xuvenil


Iago apostou no quinteto inicial por Abel baixo os paus, Javi, Iván, Nelson e Simón. Empezamos presionando en medio campo, pero ao detectar as dificultades do rival para saír co balón controlado decidimos presionar en todo o encontro.
1-0 tras unha xogada ensaiada que Nelson empurrou no segundo pau.
2-0 mesma xogada ensaiada, pero nesta ocasión o tanto ben das botas de Iván.
Na primeira parte destacamos o bo xogo recuperado do equipo e a boa intensidade nos 25 minutos, polo que o equipo visitante non alcanzou a nosa portería.
Comezou o segundo tempo e Iago continuou pedindo presión aos seus.
3-0 Nelson rouba o balón en presión e bate ao porteiro.
4-0 A xogada do encontro, sen dúbida, tras unha boa combinación entre Simón e Nelson, este último cede o balón ao compañeiro para que marque a placer , que lenvantou os aplausos das gradas.
Así remata o partido, sen moito máis, que os nosos no segundo tempo perderon algo de intensidade.

Destacar o debut de Sergio, como novo integrante da plantilla, quen levou a cabo un bo partido ainda que sen anotar ningún tanto.

Historico dato , O equipo esta lider da categoría e ainda invicto.. moito traballo por delante queda e moitos partidos ,, 12 finales por diante.

Proximo rival Vigo Sur , último na taboa pero de seguro que no sera un partido nada sinxelo.

MvP : o equipo ao completo, o gran grupo sólido que temos, deu unha boa cara aínda que non a mellor, fixemos un moi bo partido.


-Goleadores xerais:

Nelson: 9 Goles
Borja: 5 Goles
Ivan: 4 Goles
Manu: 3 Goles
Will: 3 Goles
Marcos: 2 Goles
Javi: 1 Goles
Simon: 1 Gol
Ray: 1 Gol
Riqui: 1 Gol

-Goles encaixados:

Abel: 3 Goles
Pio: 3 Goles



#VamosCampito

Cadetes: Campito F.S 1 Martin Codax 4

Coas baixas por lesións e motivos persoais de: Saul,Kike,AaronR e Adri recien incorporado.
Rubén apostou por un quinteto inicial composto por:Manu,Diego,AaronV,Fer y Javi no banco agardando a sua opurtinadade Juan,Guille,JuanCarlos, y Jony. 

O partido comezou cun Campito algo nervioso e ansioso por marcar.Plantados no medio campo durante toda a primeira parte.Gozaron de grandiosas oportunidades aunque fallidas estaban algo gafaos de cara a porteria sen sacarlle mérito a un porteiro que estibo sensacional todo o partido.Estaba sendo un partido algo loco donde os dous equipos estaban gozando de varias ocasións de perigo ata que Juan nun centro por encima do defensa do equipo visitante fixo que Fer rematara un bo balón coa cabeza facendo o 1-0 para os locais. Despois de ese espexismo o Campito relaxouse e cometimos grandes erros en defensa poñendo o partido en contra nosa, primeiro cunha contra que acabou no 1-1 e seguidamente cunha xogada a balón parado desde o corner adiantábanse os visitantes 1-2.

Chegados a segunda parte do partido Rubén optou por presionar algo maís arriba o partido seguía con oportunidades para os dous bandos un Campito mui falloso en ataque e pouco colaborador en defensa fixera que o Martin Codax gozara de grandes oportunidades poñendo asi o 1-3 e 1-4 que remataria así.
Gran partido en Cabeiro con dous equipos moi igualados e mencionar o bo xogo limpo por parte dos dous.

Quédome co lado bo do partido e que somos un equipo que é o primeiro ano que se fai e os chabales ainda están en período de adaptación creo que dende que empezamos a entrenar ata agora foi un progreso maravilloso os xogadores estan aprendendo a xogar a futbol sala e estou convencido de que iremos progresando cada día e esto no en como empeza senón como acaba e cabezas arriba seguir traballando e confío plenamente na miña plantilla que hay xogadores con cualidades maravillosas. 

Arriba CAMPITO 

CAMPITO F.S. provincial 3 Arealonga F.S. 2

O equipo de provincial vence o derby e sitúase lider da competición.

Normalmente dámoslle as grazas a afección dende este blog ao final de cada crónica, pero hoxe temos que abrir esta noticia destacando o importantísmo papel que tiveron os nosos siareiros na victoria.
Na previa do encontro rezaba o lema "Ti marcas o primer gol", pero é que non só anotou o primer gol como lle pedíamos, senón que marcaron o segundo e o terceiro tamén cando todo parecía perdido.
Momentos como os vividos hoxe, cando unha hora antes do comezo do encontro, aparecen 50 "fulanos" con bengalas e trompetas para darnos folgos e alentarnos de cara ao partido dannos mais ánimos ,se cabe, para seguir traballando en todos e cada un dos adestramentos. GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS!!!!!!!


Fran sacaba un cinco inicial formado por Óscar,Simón,Pablo,Borjita e Rucho, agardando no banco Iago,Yago,Guille,Ray,Borja,Varo e Sebas.
O partido comezou cun Campito F.S. presionando en todo o campo e co Arealonga metido en 20 metros na procura de rápidas contras sempre ben defendidas polos azuis, pero nunha boa xogada os visitantes púñanse en ventaxa mediado o primeiro tempo.
Os locais parecían noqueados ante un bo Arealonga que puido aumentar a renda, pero un gran Óscar(incrible a progresión que esta mostrando o xoven gardameta) fixo que o partido chegase 0-1 ao descanso.

Reanudábase o encontro cun Campito presionando en todo o campo ,e roubando moitísimos balóns que lle permiten crear numerosas ocasións, que unhas veces por mor da madeira e outras dun acertado porteiro visitante non se acaban materializando en gol ata que nun bo roubo Borja saca a súa calidade e pon o balon no pau longo non precioso gol facendo o 1-1. Tamén e verdade que o Arealonga dispón de un pau  e varios lnazamentos lonxanos sempre ben detidos por Yago.
Os últimos minutos foron de tolería coléctiva, xa que Ray falla un dobre penalty para os locais, e Yago detén dous dobres penalties aos visitantes cunha afección volcada que disfrutaba e sufría por partes iguais.

Ata que a falta de 1 minuto un incrible Fon deixa sentado a 2 defensas locais e a Yago, e fai o 1-2 que parecía dar un golpe letal aos locais. Fran saca inmediatamente porteiro xogador e tras unha boa ocasión non materializada voltamos a intentalo, e a falta de 28 segundos o árbitro señala un penalty, moi protestado polos visitantes, que se encarga de materializar Ray facendo o 2-2.
Faltaban 28 segundos e os dous equipos tiñan 5 faltas, polo que a tensión era máxima, o Arealonga saca de centro e acaba rematando fora unha xogada colectiva, Yago saca rápido e Simón é arrollado por un defensa pitando o árbitro falta co consecuente lanzamento de dobre penalty.
Faltaban 8 segundos e Borja tomaba a responsabilidade, non lle puideron os nervos ao mediano dos irmáns García Alonso, e meteu o balón en toda a escadra ante o delirio dun pabillon que neses momentos era unha caldeira.

Arealonga sae de cinco e incluso chega a rematar a porta, pero o balon sae fora, saca Yago de porta e acaba o encontro co resultado de 3-2.

Ó rematar o encontro o noso adestrador Fran pensaba que "foi un partido durísimo ante un gran rival, hoxe caiu do noso lado ao igual que puido cair do seu , non me queda outra que felicitar ao Arealonga polo gran esforzo realizado e por ser un dignísimo e deportivo rival. No que aos meus se refire decirlles que estou orgullosísimo deles, son a clase de equipo que eu quero, un equipo comprometido e traballador, e sen dúbida os resultados que estamos conseguindo non son froita da casualidade, senón do bo traballo nos entrenamentos e do bo grupo que forman, cun grupo así calquera e adestrador. A afección incrible, de longo a mellor da categoría, pero incluso sería a mellor de autonómica , Terceira ou Segunda B, un verdadeiro luxo xogar nun pavillón entregado cos seus e alentándonos nos momentos decisivos".
Pola súa banda o nos xogador Simón opinaba que "foi un partido duro, pero soubemos deixar os nervos a un lado e o equipo sacou esa garra e casta a que nos ten acostumados e soubo facer un gran encontro con moitísima intensidade, xa que o rival que tiñamos en fronte era un equipazo que tamén o deixou todo na pista.
Non nos podemos conformar con esta victoria e temos que seguir partido a partido coas mesmas gañas, xa por último quero agradecerlle a afección o seu apoio, pois estiveron expléndidos"

A semana que ven o equipo rendirá visita a Gondomar, en onde se enfrontará a outro gran equipo como é o Cereixa Impromar.



viernes, 22 de noviembre de 2013

Previo CAMPITO F.S. provincial - Arealonga F.S.

Este sábado as 20:30 no Municipal de Chapela visítanos o líder da categoría, o Arealonga F.S, no que ademais se tratará do derby Local da competición.

O Arealonga atópase líder con 2 puntos de vantaxa sobre os nosos, polo que unha victoria colocaríanos líderes por primeira vez na historia en categoría provincial, pero en fronte estarán adversarios como Fon, xogador que chegou a xogar na División de Prata e que se trata do xogador mais desiquilibrante ,ofensivamente falando, da categoría con moita diferencia. Ademais xogadores coma Iván, histórico xogador da vila, ou varios ex xogadores do Crecente FS que o ano pasado xogaban en autonómica, fan do Arealonga un líder sólido e con moi poucos puntos frouxos que esperamos atopar o sábado.
No que aos nosos se refire, serán baixa Fredo por sanción(acaba a súa sancion esta semana) , Mouso por motivos laborais e contaremos coas dúbidas de Varo ,que non puido completar ningunha sesion esta semana, por uns problemas nun xeonllo e Iago por problemas musculares.
O xuvenil Borjita voltará a completar a lista, e en caso de que Varo ou Iago non se recuperen Fran vestirase de curto.
O noso adestrador considera que "a todo o mundo lle gusta xogar este tipo de encontros, pero non podemos facer que estas gañas se volvan na nosa contra, afrontamos o partido como outro calquera, sabendo que eles son un equipazo, son os líderes e querrán demostrar o porqué. Confío a morte no meu equipo, e sei que por gañas e corazón non vai ser, se queremos competir neste partido teremos que mostrar o noso mellor fútbol sala e deixarnos a vida en cada balón, e decir , ser ese equipo intenso e agresivo que tan bo resultado nos está dando".

Pola súa banda o noso capitan Yago pensa que "será clave a fortaleza defensiva que soemos mostrar e ser o mais efectivos posibles nas ocasións que teñamos, penso que somos un equipo moi intenso, e aos equipos contrarios cústalles adaptarse a esa intensidade, polo que ese e o camiño a seguir, se somos un EQUIPO a victoria será posible ante un gran equipo, e así conseguíremos darlle unha alegría a mellor afeccion da categoría".
Dende a directiva pídese novamente o apoio a afección, sabemos que eles nunca nos fallan, e isto anímanos a seguir pelexando.

TI MARCAS O PRIMER GOL

lunes, 18 de noviembre de 2013

Senior Feminino: Campito F.S 3 - 1 Candean

Encontro correspondente a 7 ª  xornada da fase clasificatoria , o encontro disputouse no pavillón municipal de Reboreda o pasado sabado as 20:30, enfrente teríamos as segundas clasificadas.

O equipo contaba coa importante baixa do adestrador jorge,  e ocupou seu lugar Iago que contou con:

1 Sabela
2 Uxía
3 Ate
4 Sara
5 Aldara
6 Raquel
7 Lucía
8 Marta
9 Jeny

Laura e Iria baixas por lesión e Flor por traballo.

Iago apostou por: Sabela baixo os paus , e no campo Atenea , Jenny , Aldara e Raquel .

O encontro comenzou coas nosas en media pista , que debido a iso o rival se quedou sin opcions chegando moi pouco a porteria da nosa porteira Sabela..
Polo contrario as nosas chegaban e chegaban pero a boa actuación da porteira non deixaba que as nosas se adiantaranse no marcador... Ata nunha boa contra do equipo,  Jenny cun  forte disparo cruzado bate a porteira rival 1-0 . O segundo no tardaria en chegar ,, saque de esquina a favor un centro cerrado que se acaba colando no fondo das mallas 2-0. E sen moito mas chegaríamos ao descanso... Destacar o control do xogo en toda a primeira metade, o equipo rival fixo traballar moi pouco a Sabela na primeira metade.

A segunda metade Iago apostou por Uxía , Lucía , Marta , Sara e Sabela baixo os paus.  As nosas seguían igual , esperando a metade da pista , pero nesta segunda metade tivemos moitas mais ocasions que as nosas desaproveitaron... a mala punteria e a porteira visitante que estivo moi acerta que o 2-0 puido doblarse o triplicarse moi facilmente... Ata que unha minifalta de concentración o Candean aproveitou para acortas distancias 2-1 ,, quedaban 5 min e as nosas cun poco de nervos... ata que faltando 1 min Lucía cun forte disparo fulmina a porteira rival e fai o 3-1 definitivo,,, Victoria xusta os 3 puntos que quedan en Chapela ,, E dando un forte golpe enrriba da mesa.

Seguinte rival Almuiña non sera nada facil pero cos 3 puntos estaríamos matematicamente en PRIMEIRA , aunque contamos cun partido menos que todos os demais equipos..


-Goleadoras xerais:

Aldara: 4 Goles
Laura: 3 Goles
Raquel: 3 Goles
Jenny: 3 Goles
Atenea: 2 Goles
Lucía: 2 Goles
Uxía: 2 Goles
Sara: 1 Gol



#VamosRapazas    #VamosCampito

domingo, 17 de noviembre de 2013

Estelas Baiona 3 CAMPITO F.S. provincial 4

Probablemente se viu a peor cara dos chapeleiros no que vai de temporada, pero sacáronse uns importantísimos 3 puntos.
Fran apostou por un cinco inicial formado por Óscar, Varo,Pablo,Simón e Rucho agardando no banco Yago,Guille,Sebas,Iago,Ray,Borja e Borjita.
O partido comezou cos dous equipos prantados en 20 metros estudiando ao rival e esperando erros, pero cos dous equipos con un lento movimento de balón e sen crear ocasións ata que Fran decide subila línea de presión e empezan a chegar erros no equipo local, froito disto un roubo de balón acaba cun pase de Guille ao segundo pau que se encarga de meter entre os tres paus Iago.
Parecía que os azuis se facían co peso e o manexo do partido, pero a quinta falta chegaba ao noso casilleiro e isto parecíanos condicionar moitísimo, e volvíamos a ser o equipo ramplón e lento do principio.
O Baiona FS dispondría de un dobre penalty detido por Yago, pero na seguinte xogada faría o 1-1 co que se chegaría ao descanso.
Comezaba o segundo tempo cun gol de Simón que auguraba un cambio no xogo, pero non sería así, o equipo non se sentía cómodo en ataque, pero tampouco sufría en defensa, polo que pecou de conformismo, cousa que acabou pagando co empate local nunha xogada embarullada.
Sacamos de medio, e Simón ,coa axuda dun defensa, fai o 2-3 a falta de 3 minutos que nos deixaba coa sensación de que os 3 puntos serían nosos, pero Baiona saca porteiro-xogador e puidemos matar o partido en varios roubos, pero non foi así e os locais empataban o partido a falta de 1 minuto coa pertinente impotencia de ver que se ían 3 puntos vitais. Pero novamente Simón tras unha parede con Pablo puña o 3-4 nO electrónico do Municipal de Baiona.
Ata o final tocou sufrir pero sumáronse 3 puntos de ouro que nos colocan terceiros(cousa impensable a principio de temporada) a tan só 2 puntos do lider Arealonga que a vindeira semana "visitará" Chapela.
Este equipo probablemente non sexa o mellor dotado nin tecnicamente nin tácticamente, pero a coraxe,ímpetu e corazon non lle gaña ninguén, e o partido de sábado gañouse por esas 3 premisas.
O noso porteiro Óscar opina que "o equipo esta con moita ilusión e gañas de demostar que se pode chegar lonxe, e personalmente penso que si se segue traballando así podemos facer algo bonito. Somos un grupo moi xoven en onde destaca o bloque e a loita e entrega que se pon en cada partido, ademais penso que Fran o está facendo moi ben, xa non polos resultados, senón polo gran vestiario que foi capaz de formar, somos un grupo de amigos".
Este equipo engancha e non para de medrar e en parte graza a afección, novamente presente no Municipal de Baiona, a vindeira semana espéranos o derby local ante o lider, e de seguro que o primer gol o marcará a afeccion.

sábado, 16 de noviembre de 2013

Xuvenil: Beade F.S "B" 4 Campito F.S 6

O campito saca o partido adiante a pesar das baixas.


Na pista do ies Beade Yago poría un quinteto inicial formado por: Raúl baixo paus, Diego, Josu, Dani e Michi, esperarían no banco a súa oportunidade Hugo e Borja.

O encontro comezaría de cara para os nosos rapaces xa que o pouco de comezar Dani poría o 0 a 1 no marcador, non durou demasiado o desnivel na contenda, posto que Michi erra na entrega o darlle o balón a Raúl cando non podía, polo que o colexiado marca libre indirecto que o xogador do Beade non o desaprobeita e pon o empate no marcador, o segundo gol seria obra de Hugo despois dunha fermosa xogada persoal que bate o porteiro local por baixo, minutos mas tarde despois dun erro clamoroso en defensa nun saque de banda, un xogador local queda diante de Raúl que pouco pode facer e pon outra vez as táboas no marcador, intres despois Josua marca a pracer no segundo pao o terceiro gol que nos volve a colocar por diante, coa primeira metade a piques de rematar e con cinco faltas en contra, o colexiado aprecia falta de Diego nun forcexeo, o que fai que co tempo cumprido o Beade teña a favor un doble penalti, que un xogador local encárgase de transformar. A segunda metade comezaría mal para os nosos rapaces posto que se verían por baixo do marcador por primeira vez no partido, depois dun disparo dende nove metros que Raúl non acerta a despexar, o equipo consciente do que se xogaba, posto que outro desliz sería fatal para os seus intereses, de seguir na pelexa cos da zona alta da táboa, e a pesar das notables baixas que tiñamos para este encontro, os rapaces sacaron forzas e cun bo xogo, daríanlle a volta o marcador, o empate poríao Dani, e o gol que nos volvería a por por diante no marcador sería obra dun gran Borja que fixo un gran partido, levandose o equipo as costas cando mais o necesitaba, o tanto da tranquilidade volveríao a marcar Borja cun forte disparo esquinado.

O equipo tócalle descansar na seguinte xornada posto que así esta marcado no calendario, haberá que esperar 15 dias para enfrontarnos na casa o Miralba "B" o equipo mais imprevisible da categoría. 

¡¡FORZA CAMPITO!!

viernes, 15 de noviembre de 2013

Previa Xuvenil: Beade F.S "B" Campito F.S

O equipo xuvenil a non distanciarse dos postos de privilexio.

O vindeiro sábado día 16 as 10:00 no I.E.S Beade, dará comezo a séptima xornada ligueira para os nosos rapaces, o equipo esta en liña ascendente posto que na última xornada gañou con autoriadade, para este encontro Yago conta coas baixas de Joni por motivos persoais, e a de Jaime que repentinamente deixa o equipo, o que fai que se materialice a fichaxe de Hugo, un xogador sobrado de clase que de seguro vai aportar grandes cousas o grupo. Esta semana nos enfrontamos o filial do Beade F.S conxunto que esta situado no oitavo posto da táboa clasificatoria con sete puntos, e un equipo xoven e de seguro con gañas de agradar o técnico do equipo da liga galega, e de seguro que van a dar o mellor de si, para que os teñan en conta, polo que non será un encontro a priori doado, e os nosos rapaces terán que entregarse a fondo para traerse para a casa os tan necesarios 3 puntos, e así seguir a estela dos primeiros clasificados. 

Para este encontro haberá que esperar ata o último momento como evoluciona nas próximas horas o nocello do noso capitán Riki, que mancouse no último entreno, dende aquí esperamos unha pronta recuperación xa que e un xogador clave tanto dentro como fora dos terreos de xogo.

A convocatoria queda composta por:

1 Raúl
2 Josu
3 Dani
4 Diego
5 Hugo
6 Michi
7 Borja
8 (Riki)

ÁNIMO CAMPITO!!

Previa Estelas Baiona - CAMPITO F.S. provincial

Este vindeiro sábado o conxunto de provincial visitará ao Estelas Baiona no Municipal baionense as 16,30.
O partido será unha importante proba de madurez para os de Chapela, xa que deberán demostrar que a derrota ante o Tui FS fortaleceu ao equipo e sacáronse conclusións para poder mellorar cousas.
Os de Baiona están sitúados na quinta posición da táboa con tan só un punto menos que o Campito FS,  e conta con xogadores consagrados no fútbol sala provincial, xa que moitos deles formaron parte do extinto Baitra Baiona, equipo que militou durante anos na liga Autonómica, onde sempre acadaron magníficas clasificacións.
Fran contará coas baixas de Mouso por motivos persoais e Fredo por sanción, mentres que Ray é dúbida por motivos laborais, completará a lista Borjita e no caso de que Ray non poida acudir o propio Fran vestirase de curto.
O adestrador de Pazos considera que "o equipo está ante un reto importante, pois del depende cal será o seu obxectivo nesta competición. A principio de temporada partimos coa idea de aprender e ser capaces de competir en todos e cada un  dos encontros, e iso estámolo logrando de sobra, agora tócanos dar un golpe enrriba da mesa, e dicir, ollo que sabemos xogar a isto. O traballo semanal é admirable e estou contentísmo co plantel, agora temos que seguir estes pasos cada sábado"
Un dos xogadores que mais tempo leva no equipo como é Rucho opina que "afrontamos este encontro coas máximas gañas e ilusión posible, confío moitisímo nos meus compañeiros, e de seguro que con traballo ,e facendo o que sabemos, seremos capaces de traernos os 3 puntos para Chapela, FORZA CAMPITO!!! "


Os que seguro non nos fallarán serán os fieis seguidores que nos acompañan aló onde imos, só palabras de agradecemento para eles, e prometerlle deixarnos ata o último gramo de forza en cada balón.

Dende a directiva elaboraron este precioso vídeo de motivación , esperamos que vos guste , xa que entre os planteis de tódalas categorías causou unha gran sorpresa e fixo moitísima ilusión.
Dende o plantel senior só podemos darlle as gracias a Yago , a Iago, a "las" Carlas e ao resto de xente que co seu desinteresado traballo fan que este proxecto sexa posible.
MOITAS GRAZAS!!!!!!!  XUNTOS CONSEGUIRÉMOLO!!!!!!!!!!

miércoles, 13 de noviembre de 2013

SENIOR FEMENINO: CVC Valadares 3 – 5 Campito FS

Na sexta xornada as rapazas do Campito desprazáronse ata Valadares, para enfrontarse ao 

CVC Valadares. Entraron na convocatoria:


1. Atenea

2. Lucía

3. Aldara

4. Sara

5. Raquel

6. Iria

7. Jenny

8. Flor

Quedaron fora da convocatoria Uxía e Sabela por traballo, Laura por lesión e Marta por 

motivos persoais.

O quinteto inicial estivo composto por: Sara, Atenea, Iria, Aldara e Raquel. O comezo do 

partido foi moi intenso e sen un claro dominador do xogo. A pesar de adiantarnos cun gol 

de Raquel, as mozas do CVC Valadares axiña reducían distancias e posteriormente 

daríanlle a volta ao marcador tras un erro defensivo nun córner. Antes do descanso Lucía 

poría o 2-2 cun forte disparo dende a frontal.

Tras unha mala primeira parte, as mozas de J. Expósito saltaron ao terreo de xogo 

conscientes do que se xogaban, sabendo que as de Valadares son rival directo pola loita 

para acadar as 5 prazas que dan acceso á Primeira categoría. O noso equipo pronto se 

puxo por diante no marcador cun novo gol de Raquel, pero novamente noutro saque de 

esquina o CVC Valadares poría o 3-3.  

O Campito botou moito en falta as baixas, así como o feito de ter que xogar todo o partido 

con porteira-xogadora, situación que solventou Sara e con moi boa nota. Tal foi que ata se 

anotou á lista das goleadoras poñendo o 3-4 cun bo disparo nunha das numerosas 

ocasións que se incorporou o ataque. 

Xa a poucos minutos do final, e tras unha man dentro da área, do equipo contrario, a nosa 

capitá Atenea marcaría de penalti o 3-5 final. O equipo trae para Chapela un bo e importante resultado, e súpoxe repoñer moi ben da 

inxusta derrota da xornada anterior. Destacar ademais do resultado o bo partido de Raquel 

con duas dianas. De cara o vindeiro encontró, visitanos o segundo clasificado Alvarez Lago 

Candean, o cal non nos vai poñer as cousas doadas.


-Goleadoras xerais:

Raquel: 3 Goles

Laura:3 Goles

Aldara: 3 Goles

Jenny: 2 Goles

Atenea: 2 Goles

Uxía: 2 Goles

Sara: 1 Gol

Lucía: 1 Gol





¡¡Forza Campito¡¡

lunes, 11 de noviembre de 2013

Xuvenil: Campito F.S 11 Poio .F.S 1


Boa victoria do equipo xuvenil tras unha mala primeira metade.


Para o inicio do encontro Yago, poría na pista do pavillón de Reboreda un cinco composto por: Raúl, Joni, Riki, Michi e Borja, o encontro comezaría cos nosos rapaces presionando en tres cuartos de pista, o  que afogaba a saída de balón do equipo rival, a primeira parte estivo marcada polos numerosos erros dos nosos canteiráns, o que fixo irse o descanso cun solitario gol no marcador, despois dunha boa asistencia de Raúl, que cun golpeo preciso deixalle un balón en bandexa a Borja e este fai o un a cero coa testa, as sensacións non eran boas pero o equipo saiu con mais intensidade na segunda metade, isto provocou que de contado marcásemos o segundo gol e así poñer o encontro de cara, co Poio entregado os goles fóronse sucedendo ata chegar o final do encontro e así logrando os tan deseados tres puntos.
De cara a vindeira semana visitamos o filial do Beade F.S, encontro no que os nosos rapaces de seguro que teñen que dar o mellor de si para traerse os tres puntos e así non distanciarse dos postos de cabeza. ÁNIMO RAPACES!!

domingo, 10 de noviembre de 2013

Senior Masculino : Campito F.S"B" 5 - 1 CVC Valadares

Partido correspondente a 6ª xornada ligueira as 20:30 no Pavillón de Chapela, noso quinto partido por descansar a primeira xornada . 

Iago contou en esta xornada asta con 3 xuvenís, a convocatoria:

1 Abel
2 Pio 
3 Javi
4 Sebas
5 Marcos
6 Nelson
7 Ivan
8 Will
9 Jonas ( xuvenil )
10 Borja ( xuvenil )
11 Riqui ( xuvenil )

Quedaba fora Manu por lesión e Gabi por decisión tecnica.

Iago apostou por Abel baixo os paus e no campo Javi , Riqui , Nelson e Marcos.
Que decir do equipo rival , un equipo moi moi veterano e duro que non deixou en ningun momento xogar a os locais.. 
-Dominabamos o encontro pero non chegabamos con moito perigro a meta contrario.
-0-1 min 13 da primeira metade os visitantes golpeaban primeiro nun despiste na zaga local.
-1-1 min 19 da primeira metade , o tanto iva a chegar das botas de Ivan , gran recuperación no medio campo con esa forza que caracteriza a este xogador , deixa atras a un rival e cun disparo potente bate ao porteiro , GRANDE IVAN !!
-Da primera parte destacar unha boa xogada persoai de nelson no curruncho que foi derribado claramente dentro do area e pouco mais, non foi a mellor primeira metade do equipo pero tamen debido ao rival.

E asi chegabamos  ao descanso o equipo algo nervioso nese intre.

-2-1 min 6 da segunda metade , despois de dous paos seguidos do  noso equipo , que no rechaze Marcos consegue batir ao porteiro
-3-1  min 12 da segunda metade , outra vez Marcos que culminaba unha boa segunda parte.
-4-1 min 19 da segunda metade , unha boa xogada de nelson que fulmina a porteiro rival.
-5-1 min 21 da segunda metade , unha boa contra deixa a Nelson contra ao porteiro y cunha bonita pisada o deixa sentado e empurra ao balon ao fondo das mallas.

-Destacar as ganas de borja querendo xogar todos os minutos posibles a pesare que se mancou nunha uña. Tamen o bo partido de Will e Ivan , e o gran esforzo de Sebas e dos Xuvenís que se queremos aspirar a algo tendran que estar con nos.

O equipo necesita a mellor versión do noso capitan Javi que pronto chegara , hay que ser equipo unido que xuntos intaremos chegar moi lexos e dar boa imaxe partido a partido. Esta semana viaxaremos a Ureca o rival sin duda mais dificil co permiso do Treboada , Ureca campions de copa do ano pasado e este ano cunha soa derrota e ocupan a terceira praza.

Tamen alagar a este equipo por su aranque historico do clube 5 encontros 5 victorias , Grande Chavales moi Grandes sodes!!


Abel: 6
Pio: 6
Borja: 6,5
Will: 6,5
Ivan: 7
Jonas: 6
Riqui: 6
Sebas: 6,5
Javi: 6
Marcos: 6,5
Nelson: 7,5

-MvP: Nelson

-Goleadores xerais:

Nelson: 7 goles
Borja: 4 goles
Ivan: 3 goles
Manu: 3 goles
Will: 2 goles
Marcos: 2 goles
Riqui: 1 gol
Ray: 1 gol

-Goles encaixados:

Pio: 1 gol
Abel: 2 goles



#VamosCampito




CAMPITO F.S. provincial 0 C.D.Tui F.S. 1

Chegou a primeira derrota do curso do equipo chapeleiro, e foi a mans de un gran equipo como e o CD Tui FS.

Fran apostaba por un cinco inicial formado por Óscar,Varo,Simón,Borjita e Pablo, agardando a súa oportunidade no banco Yago, Sebas,Guille,Rucho,Iago, Borja e Mouso.
O equipo afrontaba o encontro sabedor da veteranía visitante e por ese motivo Fran alentou aos seus, e pediulles unha intensa presión en todo o campo, cousa que afogaba a saída de presión dos tudenses.
O partido transcurría sen moito control por parte de ningún dos dous equipos, pero con fútbol sala rápido e espectacular que facía as delicias do moito público presente no Municipal de Chapela, ata que no minuto 13 o Campito FS dispón de un penalty a favor por mans na área visitante que o porteiro tudense detén a Varo. Dous minutos despois unha xogada idéntica pero na área local acaba en penalty a prol dos visitantes, que un espectacular Yago se encarga de deter con unha parada digna de halago.
A partir de aqui, e ata o descanso, miramos a peor version do Campito FS no partido, un equipo que ía a presionar sen convencimento e que regalaba contras claras ao rival, tan só o acerto de un gran Oscar na portería detendo contras de 2 contra el, e incluso algún remate a "bocajarro" fixo que o 0-0 reinase no luminoso do Municipal ao fin dos primeiros 20 minutos.
Saían os nosos cos ánimos renovados tralo descanso, e parecíamos facernos donos do peso do partido, as ocasións eran múltiples, pero o porteiro visitante Esteban(digno dunha categoría moi superior) facíase enorme e evitaba todas e cada unha das chegadas locais,ata que nun man a man de Pablo con Esteban este último sae victorioso e monta unha contra letal que acaba na escadra da portería defendida por Yago.
Faltaban 5.45 minutos e o equipo soubose levantar, e tirou de casta e bo xogo para encerrar aos tudenses en 15 metros, pero unha e outra vez Esteban ou a defensa visitante facían esteriles as acometidas azuis.
A falta de 2 minutos Fran saca a Simón de porteiro xogador, e o equipo sigue creando perigo, ata que o partido remata, como non podía ser doutra forma, cunha parada do gardaredes visitante a tiro de Pablo dende dentro da área.
Derrota si, pero moitas cousas positivas as que temos que sacar de este partido, sen dúbida este é o camiño a seguir.
O noso xogador Sebas deixanos as suas impresións: "Penso que estivemos desordenados atrás , presionando en toda a pista, pero sen facelo especialmente ben, xogar en Chapela penso que nos deu un plus de presión engadido. "Necestibamos" perder para saber como reaccionar a derrota , somos un EQUIPO con maiusculas, isto acaba de comezar e hai que seguir nesta dinámica, a actitude do eqipo é de 10".

A implicación de todo o plantel, de Fran no banco, de Adri coa libreta e os seus ánimos e de un multifuncional e IMPRESCINDIBLE Julio unido a un equipo filial espectacular e a un equipo xuvenil repleto de calidade, fan que o futuro do clube sexa ilusionante, se somos capaces de aprender de esta derrota seremos mais fortes.
Destacar a deportividade do partido, cousa favorecida pola actitude do equipo visitante encabezado polo seu adestrador Juan e os seus delegados(moita sorte para eles no que queda de liga), sen dúbida da gusto xogar así a futbol sala, moi pouquiñas interrupcións e fair play absoluto por parte dos dous equipos.

Xa por último destacar outra vez o apoio do público, que cada vez se fai notar mais.

viernes, 8 de noviembre de 2013

Previa Xuvenil: Campito F.S vs Poio F.S

O equipo xuvenil a mellorar os últimos resultados.

Despois das duas derrotas acadadas nas duas últimas xornadas de liga, os nosos rapaces queren acabar dunha vez por todas coa mala racha de resultados e non distanciarse do grupo de cabeza, que agora mesmo esta a 4 puntos, para ello teñen a necesidade de sacar os tres puntos este sábado as 13:00 no Municipal de Reboreda, posto que non se poden deixar mais puntos polo camiño.
O rival será o Poio F.S que agora mesmo ocupa a penúltima praza na táboa clasificatoria con cero puntos.

Para este encontro Yago conta con todos os seus efectivos, coa excepción de Jaime fora da lista por decisión técnica, polo que os citados para esta fin de semana son:

1 Raúl
2 Josu
3 Joni
4 Riki
5 Michi
6 Diego
7 Dani
8 Borja

Dende a directiva queremos mandar un mensaxe de apoio os nosos rapaces, posto que coa calidade que ten este plantel de seguro que poden revertir a situación e voltar os postos de cabeza nas vindeiras xornadas, esto acaba de empezar ainda temos moito que decir. ¡¡ANIMO RAPACES!!