viernes, 31 de enero de 2014

Previa Senior Local: Campito F.S "B" - Treboada

Xornada 14 que enfretara o noso Filial contra o Treboada, as 16:30 no Pavillón de Redondela , No encontro de ida os nosos se impuxeron en Teis por un 1-3 . O Treboada sen dúbida conta coa mellor plantilla da liga e o mellor equipo con diferencia , conta con xogadores que por nivel podían estar xogando nunha categoría mais alta que esta categoria como e: Joaquin Mouriño " Pi " o ano pasado foron Subcampeones a o un punto do primer clasificado . Pero os nosos necesitan conseguir os 3 puntos para seguir sendo lideres se non o Currunchos Titos nos quitaria o liderato xa que nos gañou por 8 - 3 a semana pasada nun partido " Raro " que para nada o resultado reflexa o sucedido no campo .Non xogamos ao mellor nivel e eles con un xogo " engañoso " consigueron que os nosos sairan derrotados por primeira vez.

Iago convoca as 15:30 P.Redondela:

1 Diego
2 Abel
3 Javi
4 Sergio
5 Manu
6 Borja ( Xuvenil )
7 Nelson
8 Ivan
9 Marcos
10 Will


Noso xogador Marcos pensa: Eu penso que este e un encontro moi importante xa que o Treboada sempre destacou por estar sempre arriba da taboa asi que non vai ser un encontro fácil e vimos de perder o primeiro encontro da tempada e iso fai que queramos gañar ainda con mais gañas ainda que o rival e moi compricado.

É noso capitan Javi pensa: Vai ser un encontro moi dificil xa que é un rival duro e expirimentado ten xogadores con moita calidade . Vimos cunha moral un pouco tocada pola anterior derrota pero o noso adestrador mentalizounos moito e ben , e serviunos para unirnos como equipo e adestar mellor e con mais intensidade; a pesar de vencerlle na ida non imos confiados senon que nos esperamos un partido intenso e de moita loita así que animo a todos que vaian a velo partido. Un saudo e Vamos Campito !!



#VamosCampito

Previa Senior Femenino: Campito F.S - O Barqueiro

Xornada 6 enfretara no Pavillón de Reboreda as nosas contra O Barqueiro as 19:15 , un encontro moi importante para que as nosas siguen nos postos de cabeza. O Baqueiro ocupa a 8 plaza e ven de empatarlle ao Marcon F.S non sera para nada un encontro sinxelo.

Para iso Iago convoca:

1 Sabela
2 Atenea
3 Raquel
4 Sara
5 Aldara
6 Iria
7 Jeny
8 Lucia
9 Marta

É contamos coa dúbida de Flor ata última hora por motivos de traballo.
Laura é Uxía seguen na enfermeria.

As nosas veñen de empatar contra unhas das candidatas ao campeonato o Xeve , por 2-2 nun encontro moi desputado . Marcaron Lucia e Aldara .
O obxectivo deste e ir econtro a encontro  , e ser rival digno de todos os equipos , somos un equipo formado este ano dende a nada.

-Nosa capitana Uxía manda un mensaxe: Mozas , que decirvos que non saibades m se xogamos como sabemos os tres puntiños quedaran en Chapela. Partido importante como cada un deles, unha magoa non poder xogalo pero sabemos que o faremos ben e gañaremos. Moita sorte rapazas , vémonos o sábado !!


-Y nosa xogadora Jeny: Bueno raparigas que decirvos...Nas última xornadas os resultados non reflexaron realmente noso esforzo e noso xogo no campo. Pero vai sendo hora de cambiar iso. Este sabado imos a por eses tres puntos que tanta falta nos fan. Porque a pesar de que non confiaron en nós, de que é o primeiro ano que xogamos xuntas , xa demostramos as nosas gañas , e que si podemos! Pasiño a pasiño, ahi estamos e se que podemos. Vamos a loitar polo que merecemos e para que se recoñeza e comoce a reflexarse nos resultados os nosos esforzos . Grazas a todas , por  facerme sentir como nunha familia , e realmente é o somos: unha comete un erro e ninguen recrimina, xa esta outra para tapalo e sempre apoiándonos tanto o modo equipo tanto modo persoal! E o mesmo para o presique sempre ten palabara de alento e motvación moi utiles . E non esquecer a Ferni un gran apoio e incondiciona con nos. Imos a loitar ata o final como guerreiras que somos , imos a deixar suor , gañas , eo alento no campo!! Porque confío en que o dito de qu todo o esforzo ten a súa recompensa convertirase en realidad.




Por último animar a toda a xente que axude as nosas dende as gradas para que sea mais sinxelo.




#VamosRapazas  #VamosCampito

Previa CAMPITO F.S. provincial - Valadares F.S.

Este sábado 1 de febreiro o equipo de provincial recibirá as 20:30 no Municipal de Reboreda ó Valadares F.S.
Os homes dirixidos por Fran retoman a competición tralo parón da semana pasada(non xustificado por ninguén aínda) coa intención de sumar 3 novos puntos que os manteñan no mais alto da clasificación, o rival será o Valadares FS,equipo que chega na oitava posición da táboa e dando claros síntomas de melloría nas últimas semanas, pois foron quen de empatar ante Baiona FS e vencer ao Cereixa.
Os redondeláns contarán coa baixa dun dos seus capitáns e home insignia como é Varo,aqueixada dunha rotura de fibras que o mantendrá alonxado dos terreos de xogo durante de 15 días, ademais tamén será baixa por motivos persoais Ray,máximo goleador do equipo, Guille é dubida por mor dunha  dor na espalda que lle impediu completar ningún adestramento semanal.
Para completala lista o corpo técnico citou a Riki e Borjita do equipo xuvenil.
Na opinión do noso adestardor "O partido da ida resultou unha cómoda victoria para nos, pero de seguro que para nada será sinxelo este encontro ante un conxunto que ven nunha clara liña ascendente, penso que eles agora están empezando a toparse cómodos, son un equipo veterano e con experiencia en categorías superiores, polo que é un equipo que goza de todo o meu respeto. Para poder gañar e seguir na loita polo ascenso temos que ser ese equipo traballador e unido que fomos ata ó de agora.
Temos duás baixas importantes, pero confío cegamente no grupo, os xuvenís que veñen a completar a lista son rapaces que levan adestarndo con nós todo o ano, e están sobradamente preparados para suplilas baixas, penso que sexa cal sexa o resultado as baixas non deben servir de excusa"
Na opinión do noso xogador Iago "temos que seguir esta liña de unión e compromiso que tan bos resultados nos está dando, somos un grupo de amigos que compite, iso nótase nos resultados.
O Valadares mellorou moito os seus resultados nesta segunda volta e seguro que nos pon as cousas difíciles, pero nos temos que intentar sacar os 3 puntos.
A principio de tempada ninguén contaba con estar tan arriba como estamos a estas alturas, pero penso que ninguén nos regalou nada, e agora temos que traballar duro pata tentar completala machada"

Sabemos perfectamente que nin o horario nin o lugar son os ideais para que a nosa fiel afección nos anime como fixo ata o de agora, pero voltamos a pedirvos a vosa axuda, quedan tres partidos na casa, e se queremos optar ao ascenso temos que facer de Chapela(Reboreda esta semana) un fortín, non se pode ir ningún punto da nosa casa se queremos seguir soñando, e vos sodes parte importante deste soño. PRECISÁMOSVOS AFECCIÓN!!!!!!

Xa por último tódolos xogadores e corpo técnico do equipo de provincial queremos felicitar a Diego Somoza, xogador infantil do clube, que ven de proclamarse subcampión de Galicia coa selección de Vigo, ademais tivo a honra de selo capitán do combinado olívico e de ser un dos xogadores mais destacados do torneo, e proba disto é que acaba de ser convocado pola Selección Galega que disputará o Campionato de España, todo un éxito para Diego, pero tamén para o clube.

MOITÍSIMOS PARABÉNS E MOITÍSIMA SORTE DIEGO!!!!!

martes, 28 de enero de 2014

PROGRAMACIÓN FIN DE SEMANA.

Alevín Femenino: Olivo F.S vs Cios Vigo Campito F.S:

Infantil Femenino: Bembrive F.S vs Cios Vigo Campito F.S:

Cadete Masculino: Cios Vigo Campito F.S vs Cabral "B": 1/2/14  Reboreda  11:00H 

Xuvenil Maculino: Campito F.S vs Carballeira Tuy F.S:  1/2/14  Reboreda  12:00H

Senior Femenino: Campito F.S vs O Barqueiro F.S:  1/2/14  Reboreda  19:15H

Senior Masculino Local: Campito F.S vs Treboada F.S: 1/2/14  Redondela 16:30H

Senior Provincial: Campito F.S vs Valladares F.S: 1/2/14  Reboreda  20:30H

Senior Provincial: Moañeses Celestes vs Casa Conchita:

Crónica Xuveníl Masculino: Campito F.S 4 Valladares F.S 2

Gran encontro dos nosos apesares das baixas de última hora.

Encontro importante para non descolgarse dos postos altos da táboa, o partido xogouse no Municipal de Reboreda este Domingo 26 as 13:00.

Para este encontro Yago contaría coas baixas de Michi e Josu por motivos personais, mais a de Diego por decisión técnica, polo que de inicio sairía cun cinco en pista formado por Raúl baixo paos Joni, Riki, Borjita e Dani esperando a súa oportunidade no banco Hugo e Santi.

O envite estaría marcado pola alta intensidade proposta por ámbolos dous conxuntos, o peso do encontro o levarían os nosos na maior parte deste, posto que o Valladares so buscaría a meta defendida por Raúl a base de contras.
O primeiro gol chegaría o principio do encontro, despois de que Dani servise un preciso pase o segundo pao que se encarga Hugo de mandar o fondo das maias. Non duraría moito a ventaxa no luminoso posto que nunha falta o borde do área, un xogador rival aprobeita a mala colocación da barreira e bate a Raúl cun disparo raso, o encontro estaba a ser dominado polos nosos en todas as facetas do xogo, e así chegaría o segundo gol na conta de Hugo que volve a aprobeitar un pase o segundo pao para batir o porteiro visitante de novo.
O marcador non se movería mais no que quedaba de primeira metade.
A segunda metade seguiría cos nosos presionando en tres cuartos de pista, o que faría que o rival non saíra co balón controlado fácilmente e así chegarían numerosas pérdidas por parte destes, as ocasións se sucederon a favor dos nosos en toda a segunda metade, pero sen materializarse, o que fixo que nun ataque noso o valladares recuperase o balón, e estes a contra baterían a Raúl por baixo, o equipo a pesar da dureza do rival non desesperou e seguiu buscando a meta rival, a falta de dez minutos o arbitro sinalaría o primer dobre penalti, que Riki encárgase de transformar pondo o 3 a 2 no marcador, a raíz de este intre o noso porteiro so tivo que intervir en duas ocasións, o equipo seguiría buscando a meta rival, e despois de mandar o pao outro dobre penalti, Riki non perdonaría e poría o cuarto no marcador outra vez dende os 10 metros, aínda tería outra oportunidade dende esta distancia que o porteiro visitante acerta a atallar.

Bo encontro dos nosos que seguen mellorando e buscanso o seu mellor nivel de xogo, a próxima xornada voltaremos a xogar como locais contra o Tuy F.S. no primeiro encontro da segunda volta.

¡¡ÁNIMO RAPACES ÁNIMO CAMPITO!!


viernes, 24 de enero de 2014

Previa Senior Femenino: Xeve - Campito F.S

5 xornada da liga de 1 Provincial , que enfretara as nosas contra o Xeve o Sabado as 19:00 no Pavillón de Xeve . As nosas chegan no posto 5 con 7 puntos a só 3 puntos do lider  o Treboada, o Xeve chega en 3 posición con 9 puntos. Partido vital xa que en P.Bembrive hay xogan o primero clasificado contra o segundo.
As nosas chegan despois de perder por a minima 1-2 contra o Bembrive F.S nun partido moi desputado.


Fernando ocupara no banquillo o posto de Iago neste encontro e convoca:

1Sabela
2Atenea
3Iria
4Raquel
5Sara
6Jeny
7Aldara
8Lucia

Laura , Uxía e Marta baixa por lesión e Flor por traballo.

As nosas teñen que demostrar mais que nunca todo o esforzo que trasladan aos entrnamientos.

Nosa xogadora numero 8 Sara pensa: "Vai ser un encontro moi compricado , ante un equipo moi veterano , ademais hay que gañar si o si para seguir nos postos de cabeza . Temos equipo para loitar por eses postos , demostramos en pouco tempo que somos un equipo loitador y agora temos a oportunidade de demostralo que todo esforzo ten recompensa"

Y nosa xogadora Iria pensa:" Imos mozas !! Estamos concienciadas de que nos imos enfrontar a unhas fortes rivais e que será unha dura tarde de loita por traernos para casa eses puntos! Aínda así , ea modo persoal , considero que estamos preparadas , que non ns quedaremos sin folgos ata conseguilo e , mais que nada , qe estamos moi unidas, feito que nos converte en un enorme equipo! Ánimo tamen para nosa capitá Uxía , que estara tamenigual denreo ca nós no partido. Todas a unha e unha para todas! FORZA !!"



Animos non faltan , veremos o que pasa o sabado , VAMOS RAPAZAS darlle unha alegria ao presi el confia moito neste equipo.



#VamosRapazas #VamosCampito

Previa Senior Local : Currunchos Titos - Campito F.S "B"

Xornada numero 13 , enfretarase o Campito F.S contra o Curruntos Titos o antigo Cafeteria Glorieta o Sabado 25 no Pavillón do Berbes as 19:30. Os nosos ocupan a primeira praza con 28 puntos ,  9 partidos gañados e 1 empatado , pola sua contra o Currunchos Titos ocupa a segunda praza con 27 puntos cun partido mais cos os nosos.
Na primeira volta os nosos se impuxeron por un 2-1 nun encontro moi desputado.
Ningun encontro pode significar media liga , pero este pode que si , xa que si os nosos gañan se poñen a 4 puntos e cun encontro de menos , que gañanado serian 7 , e pola contra se perdemos nos quitarian o liderato que temos desde a xornada numero 3.

O equipo de Iago entrenou esta semana dous días, e ven de descansar a primeira xornada da segunda volta.

Iago convoca as 18.45 no Pavillón do Berbes a:

1 Abel
2 Diego
3 Javi
4 Will
5 Nelson
6 Sergio
7 Ivan
8 Jonas (Xuvenil)
9 Sebas
10 Borjita (Xuvenil)


Os numeros da primera volta en canto a goles foron:

-Goleadores:

Nelson: 16 Goles
Will: 6 Goles
Borjita: 5 Goles
Ivan: 5 Goles
Marcos 3 Goles
Manu: 3 Goles
Simon: 3 Goles
Ray: 3 Goles
Javi: 2 Goles
Sergio 2 Goles
Riqui: 1 Gol

-Goles encaixados:

Pio: 6 Goles
Abel: 6 Goles
Raul: 0 Goles
Diego: 0 Goles

Contamos con malas noticias para o equipo xa que dous componentes deixan o equipo, Pio por motivos de traballo foise a Barcelona e Puchy por motivos de estudio . Iago tendra que votar mano dos xuvenís mais que nunca.

Volvendo o Partido noso Pichici Nelson pensa: " Que nos vai a costar moitisimo gañar , ademais os últimos entrenos foron malos en canto atitud , pero só nos queda pornos serios e gañar se queremos optar ao titulo e ao ascenso "

E un dos pesos pesados do equipo Adrian Casas "Will" pensa: " Miña opinion e o encontro mais importantes do campeonato , no que nos xogamos mais de media liga , enfrente estara un equipo moi duro e con moita experiencia  na categoria como se demostrou no partido de ida , pero se seguemos na mesma tonica que os partidos anteriores sera mais sinxelo. A pesares que somos un equipo moi xoven xa que 10 dos 12 xogadores estabamos o ano pasado xogando na categoria xuvenil , pero non teño a menor dubida que imos a dalo todo no campo e loitar por os 3 puntos tan ansiados. "

Esperamos o maximo apoio desde as gradas aunque sera dificil xogando fora da casa e a esa hora , Animamos ao equipo Senior Provincial e o Xuvenil e Cadete a que se pasen por dito pavillón.
Ata o domingo que subiremos a cronica de seguro cos 3 puntos.


#VamosEquipo #VamosCampito




jueves, 23 de enero de 2014

Programación fin de semana

Xa tendes os horarios de tódolos equipos do clube de este fin de semana no seu apartado correspondente.

martes, 21 de enero de 2014

Entrevista a Yago(Directivo,adestrador e xogador do clube)

Boas Yago, como ves ao Campito a nivel institucional?
O clube pouco a pouco vai a mais, o esforzo dos que levamos o clube esta dando os seus froitos, e xa non me refiro a nivel resultados, senón a gran cantidade de equipos que fomos capaces de conformar, e a gran implicación da maioría dos xogadores.

Como chegaches a formar parte do Campito F.S.?
Pois dunha forma cando menos curiosa, nunha viaxe a Madrid a velo celta coincidín co presidente, e comezamos a falar do clube, el necesitaba axuda, e a min encántame este deporte, e non o dubidei, en d´ñuas semanas estaba adestrando aos xuvenís e axudando en todo o que podia ao presi,pero isto non fixo mais que comezar, e o noso obxectivo agora é ter equipos en tódalas categorías(este ano fáltannos prebenxamíns e benxamíns)

Fainos un pequeno resumo da tua carreira deportiva.
A fútbol sala comecei xogando no colexio do lado da miña casa, o Paraixal, despois en cadetes fichei no Treboada FS, este foi o clube no que mais temporadas militei, en onde cheguei a ser subcampión de liga en xuvenís, e xa en maiores campión de copa autonómica.
Despois por motivos de traballo tiven que deixar o fútbol sala para xogar a fútbol, e dende o ano pasado formo parte do Campito FS.

Como ves ao equipo xuvenil, equipo do que eres adestrador?
A principio de tempada esperaba moito mais deles, penso que pola calidade que teñen deberían estar mais arriba, pero cando entras nunha mala dinámica de xogo e moi difícil saír dela. Estamos traballando duro para chegar ao noso mellor nível, e penso que o imos conseguir. 
Xogadores coma Riki,Raúl ou Borjita xa saben o que ir co primer equipo, e saben que sen sacrificio non se consigue nada, a idea do clube e tirar deles nas categorías seniors cando sexan necesarios, pero teñense que ganar esas convocatorias no campo.

Pensas que neste equipo xuvenil pode haber xogadores que nun futuro non moi lonxano formen parte do primeiro plantel?
Xa se está vendo que si,hai xogadores moi válidos para xogar no primer equipo,e se seguen con esa proxección estaá claro que darán o salto antes ou despois. O adestrador do provincial está contando con varios deles tanto en partidos coma entrenos, agora depende de eles mesmos e do seu traballo o consolidarse arriba ou non.

O equipo senior está liderando a táboa no seu primer ano en provincial, cousa que ninguén se esperaba a principio de tempada, onde pensas que radica a clave?
A clave está no adestrador, que sabe levar o grupo a perfección, e despois en cada un dos xogadores, xamais estivera nun grupo tan humano e tan sacrificado,ninguén da un balón por perdido, peléxase en cada un dos encontros como se fora o último, na miña opinión penso que somos coma unha familia, e a palabra EQUIPO cobra unha importancia máxima.

Para ti supón algo levar o brazalete de capitán , ou pensas que a alguén lle tiña que tocar e che tocou a ti e non significa nada?
Para nada, como diría un coñecido personaxe, éncheme de orgullo e satisfación representar no campo a cada un dos xogadores que compoñen este plantel, e de agradecer que a principio de temporada confiasen en min(foi a votación) para este posto tan importante. Entreno e loito no campo campo por cada un deles en cada encontro e adestarmento. Ademais tamén teño a difícil misión de concertalas ceas, jajjaja.

Como porteiro que eres, como ves o nivel da portería no Campito FS?
Sempre se pode mellorar, pero os números estan ahi, e somos os menos goleados tanto en provincial coma local, pero isto tamén e mérito do gran traballo defensivo que fan os nosos compañeiros. Neste tipo de ligas é clave non encaixar moitos goles, e para iso traballamos.
Ademais os porteriso xuvenís e cadetes veñen apretando forte por detrás.

Onde pensas que pode estar a meta do primer equipo a longo prazo?
As metas sempre son as que te queiras marcar, o compricado e chegar a elas, o meu obxectivo é lograr este ano o ascenso,o ano que ven haberá outro obxectivo. Hai que estar cos pes na terra, e labrándose un bo futuro a base de traballo.

Imoche facer un pequeno text ao que so poderas responder cunha palabra.

Mellor xogador do clube: Simón Román
Mellor xogadora do clube: Uxía Covelo
Xogador do clube que pensas que pode chegar lonxe no fútbol sala: Diego Somoza(Cadete)
Mellor equipo de provincial(non vale Campito FS): Tui F.S.
Mellor equipo xuvenil(non vale Campito FS): Baíña F.S.
Clube da provincia en onde te fixas: Bembrive F.S.
Mellor xogador co que xogaches: Marcos Acuña(Porteiro ex Bembrive FS e Treboada FS)
Mellor adestrador da categoría: Fran Amoedo

Moitas grazas Yago, e ogallá se cumpran todolos teus proxectos.
Grazas a vos,e non queria despedirme sen darlle as grazas a afección, factor importante este ano no bo facer dos equipos, e como me consta que moita xente entra a ler as noticias do blog dende aqui pídolles que sigan así , pois para nós é importantísimo ver o Municipal de Chapela cheo de xente e animando os 40 minutos.



domingo, 19 de enero de 2014

Ancoradouro f.s 4 Campito f.s 5

Partido intenso e entretido o xogado esta maña en Marín, no que os nosos rapaces lograron a victoria nun gran final de encontro de futbol sala.

Yago saría cun cinco inicial formado por: Raúl baixo paos, Riki, Josu, Joni e Dani. Esperando no banco a sua oportunidade Michi, Santi, Borjita e Hugo. 

Os nosos xogadores comezaban o embite con gañas de amosar moitas cousas e un cambio de actitude, proba disto foi o dominio que predominou nos primeiros intres, no que os xogadores locais víronse superados en todo momento, cousa que non marcador non reflexaba esta superioridade, o primer tanto sería obra de Borjita despois de mandar o balón a rede tras rexeite do porteiro, cabendo destacar a actuación deste durante todo o encontro, posto que fixo moitísimas internvencións de mérito e mantivo os seus dentro do encontro. 

O equipo tralo tanto inicial seguía xogando un gran fútbol sala, pero nunha xogada aislada nun dos poucos achegamentos dos rivais neste primer tempo chegou o penalti sinalado a favor dos locais, despois de que Raúl sen poder desaparecer derriba o atacante e este pon o empate no marcador, os locais despois disto metíanse de cheo no encontro, xa que na seguinte xogada chegaría o segundo tanto destes despois dunha pérdida en ataque, o equipo seguía buscando a porta rival e unha e outra vez atopábamonos co porteiro rival, tivo que ser Hugo despois dun tiro cruzado o que poría o empate no marcador, antes de rematar a primeira metade os locais volveríanse por por diante no marcador despois dun mal rexeite co que chegariamos coa desventaxa de 3 a 2 no marcador.

Os nosos comenzaron a segunda metade con gañas de darlle a volta o marcador, co equipo volcado en ataque chegaría o cuarto gol dos locais despois dun rexeite de Raúl que lle cae o xogador rival e este pon o gol no marcador, os rapaces en vez de desesperar seguiron buscando a portería rival con ahínco, e cun gran final de encontro serían quen de darlle a volta o marcador. O terceiro sería obra do noso capitán Riki, despois de rematar un balón que quedou moto no área, o cuarto poríao Dani despois de mandar as mallas o balón chegando o segundo pao, o encontro nestes intres estaba aberto e podía gañar calquera, pero faltando dous minutos para o remate. Joni cun disparo cruzado poría o definitivo 4 a 5 no luminoso.

Moi bo encontro o xogado polos nosos que pese as adversidades, non perderon a calma e con isto logrouse unha traballada victoria.

ANIMO CAMPITO!!

CAMPITO F.S. provincial 9 Baiña F.S. 2

Traballada victoria do equipo redondelán ante os baionenses que fai que o soño do ascenso pase a ser o obxectivo real polo que pelexar neste final de liga.

O técnico apostou por un cinco inicial formado por Óscar,Varo,Simón,Guille e Rucho, agardando no banco Yago,Iago,Borjita,Ray,Pablo,Fredo e Borja.
O equipo voltou a comezar moi ben, os primeiros minutos prantados en 20 metros, pero non tardou nada Fran en subir a liña de presión a tres cuartos de pista, e durante 3-4 minutos gozáronse de numerosas e claras ocasións, pero sen ser capaces de materializar ningunha.
O partido continuaba e parecía que os visitantes tomaban o peso, e nun corner fatalmente defendido adiántanse no marcador, duro golpe o recibido, pero na seguinte xogada Pablo culmina no segundo pau unha bonita xogada.
O partido era igualado nestes últimos momentos da primeira parte, e Simón facía o 2-1 co que parecía que chegaríamos ao descanso, pero a falta de 5 segundos Baiña empataba tras un erro colectivo ao prantarse só un xogador amarelo diante de Óscar, polo tanto acaba a primeira parte e o electrónico do Municipal de Chapela mostraba un xusto 2-2.

Comezaba a segunda parte, e os "beretes" imprimiron ese "correr continuo" que facía que o ritmo do partido se elevase, parecían os visitantes aguantalo, pero tras un corner ensaiado Pablo fai o 3-2, e despois nunha xogada de pivot Varo fai o 4-2 tras un gran saque de Yago dende a portería, tomaban ventaxa os azuis, e o 5-2 chegou case a continuación nas botas de Ray.
Opta neste momento o adestardor visitante por sacar porteiro xogador, e aqui aparece Fredo, o mais listo da clase, quen con 2 roubos en campo propio pon o 7-2 no electrónico e prácticamente mata o partido.
Ao final dous goles mais locais para facer o 9-2 definitivo, e irnos coa sensación de que este é o camiño correcto, o pabillón rexistrou unha espectacular entrada, e os "CampiHooligans" encabezados por Saúl Melón e as rapazas do femnino voltaron a animar os 40 minutos dunha forma espectacular, só podemos darlle as grazas.
Os goleadores locais foron Fredo(2) Pablo(2) Varo(2) Simón,Ray e Iago.

Na opinión do mister "quizais sexa un resultado abultado, pero penso que fomos mellores na segunda parte e merecémonos os 3 puntos. O equipo está convencido de que se pode pelear polo ascenso, e así mo demostraron sacando adiante estas dúas "finais" que tiñamos para empezar o 2014, sinceramente penso que temos que seguir artido a partido, pero a falta de seis xornadas penso que xa somos serios candidatos ao ascenso, e non imos a renunciar a nada.É unha honra para min poder dirixir a un grupo tan comprometido, en onde tods remamos cara o mesmo lado. Quero recalcar o importante papel da nosa afección no bo facer do equipo, pois  nos malos momentos déronnos esos folgos que nos axudaron a sacar adiante o encontro.
Xa por último quero felicitar ao Baíña, un equipo moi traballado, sinceramente espero que sigan nesa liña de traballo, pois os resultados seguro que chegarán".

Pola súa banda o bigoleador onte Fredo viu "un partido moi tenso e igualado na primeira parte, pero xogamos a un ritmo moi elevado os 40 minutos como xa é costume, e isto fixo que o equipo rival floxeara e as forzas se lle acabasen. Penso que esta foi a clave de que ao final conseguísemos unha "cómoda" victoria".

A semana que ven o equipo voltará a defendelo liderato, esta vez visitará ao Mcdonalds Samil, colista da categoría, pero que para nada debe servir de relaxación ao equipo.

viernes, 17 de enero de 2014

Previa CAMPITO F.S. provincial - Baiña FS

Este sábado 18 de xaneiro as 20 horas ,o equipo de provincial recibe no Municipal de Chapela ao Baíña FS, cuarto clasificado da liga provincial.

Os de Baiona sitúanse a 6 puntos dos nosos que seguen liderando a táboa, e no partido de ida o resultado foi de 3-3 nun vibrante e bonito encontro. O conxunto dirixido por Javier Vidal chega ao envite sabedor de que esta pode ser unha das súas últimas oportunidades de pelexar polo ascenso, e isto faraos máis perigosos se cabe.
Na opinión do noso adestrador Fran Amoedo, "o equipo chega ao envite despois dunha mala semana de adestramentos por mor das numerosas baixas por motivos laborais, pero confío neste plantel totalmente e sei que o darán todo por conseguilos 3 puntos.
O rival é un equipo con solera na categoría, e ademais poden ser o equipo mellor traballado, teñen un adestardor que foi quen de darlle ao equipo o seu "toque" particular, e iso fala moi ben tanto do adestrador como do equipo en si.
Pode tratarse dun partido de 7 puntos, pois se gañamos deixaríamos a Baíña a 9 puntos mais goal average(4 partidos de distancia), en cambio unha derrota deixariaos a 3 puntos co goal average ao seu favor(1 partido de distancia), os meus xogadores saben da importancia do choque , e se queremos seguir pelexando por estar arriba este son o tipo de partidos que temos que gañar".
Pola súa banda Borjita pensa que "o Baíña e un equipo que lle gusta ter o balón, pero ao mesmo tempo gústalles correr e saír a contra sempre que poden, na miña opinión penso que son o equipo da categoría mais parecido a nos. Tiven a oportunidade de xogar contra eles tanto en senior coma xuvenil, e son partidos físicos e intensos en onde cada balón disputado e cada xogada cobran un valor extra, pois nunca dan un balón por perdido.
Para nos será un duro exame, pois de gañar penso que deberíamos ir a polo ascenso sen contemplacións nin excusas, en cambio unha derrota faría que a liga se apretase moitísimo e dende o primeiro ata o quinto calquera poida conseguilo título.
A nivel persoal sigo entarndo nas convocatorias do primer equipo, e pelexarei en cada adestaremento para que o mister siga apostando por min. VAMOS CAMPITO!!!! "
Para este partido voltamos a pedilo apoio da afección, ese factor tan importante que nos leva dado 4 ou 5 puntos extras no que vai de temporada, sabemos que non nos fallaredes!!!

martes, 14 de enero de 2014

Parabéns Julio!!!!!!!!!

Hoxe, 14 de xaneiro de 2014, cumple medio século de vida D.Julio Monteagudo.
Trátase dunha figura clave no clube, un home que sempre está traballando a nivel deportivo para facer mellorar aos equipos. O técnico do provincial xa recalcou en máis dunha ocasión que se trata dunha figura clave, tanto en adestramentos como partidos, e xunto a Adri, forman o mellor tandem de axudantes posibles para el.
Ademais a nivel extradeportivo sempre está dando consellos para tentar facerlle as cousas mais fáciles aos demais, xamais faltan auga e balóns estando el polo medio, e os pastelitos de despois de adestrar e xogar xa se convertiron nun clásico grazas a el.
E o seu comportamentos nas ceas........................... mellor non falamos diso, jajajjaja.
En resumo, un home que vive o fútbol sala día a día , e grazas a Deus decidiu vivilo no Campito FS.

MOITAS FELICIDADES JULIO, disfruta do teu día, e xa sabes que no adestramento de hoxe non te librarás do tradicional "pasillo" de cumpleañero.





domingo, 12 de enero de 2014

Celado FS 3 CAMPITO F.S. provincial 6

O Campito FS vence 3-6 en Mos e consolíadase no liderato da táboa.

Chegaban os de Fran ao partido tras recibir a peor noticia do que vai de temporada, Sebas abandona a disciplina do equipo por motivos laborais e pasará a formar parte do equipo filial.
A importancia deportiva dos puntos era grande, pero a nivel extradeportivo era clave gañar para adicarlle a victoria a un compañeiro que tan bo traballo leva feito no que vai de temporada a nivel deportivo, pero sobre todo mostrándose coma un dos pilares básicos a nivel "cabeza", xa que non en vano trátase dun dos xogadores que leva no equipo dende o seu nacemento.

Para logralos 3 puntos Fran apostou por un cinco inicial formado por Óscar,Varo,Guille,Rucho e Fredo, esperando no banco Yago,Borja,Ray,Pablo,Borjita,Simón e Mouso.
O equipo empezou cun xogo físico que impedía ao Celado xogar cómodo, e rapido se puxo por diante no marcador, probablemente se viu a mellor cara do equipo no que vai de temporada nestes primeiros 6-7 minutos.
Pero os restantes 13 minutos foron denigrantes, xa que parecíamos un equipo sen coraxe e que se via dominada por un equipo local que sen necesidade de imprimirlle ritmo ao encontro se via co control total do encontro. Ao descanso chegabamos cun 2-2 que por ocasións de uns e outros poderíase considerar xusto.
Durante o descanso chegou a "Franina", unha pequena "aclaración de conceptos con un tono elevado", que pareceu motivar ao equipo, e saiu novamente a morder, correr e non deixar respirar ao rival. Sen alcanzar o nivel da primeira parte pero cunha gran intensidade fomos capaces de pornos 2-5 aos poucos minutos da segunda parte, cousa que fixa que o resto do partido fose bastante "cómodo" e se chégase ao final cun xusto e merecido 3-6 no electrónico.
Os goleadores azuis foron Ray(2), Varo,Simón,Borja e Fredo.

Na opinión dun dos membros do corpo técnico como é Adri "era un encontro importantísimo para marcar diferencias co Celado, de non conseguila victoria o encontro da semana que ven co Baíña tendría moitísima tensión e os nervos igual nos superarían. No referente ao encontro penso que comezamos moi ben, pero tivemos uns minutos malos e entraronnos as dúbidas no final da primeira metade, pero grazas ao traballo en equipo fomos quenes de repornos na segunda metade e sacar o encontro adiante. Agora temos que preparalo encontro da semana que ven a concienci, pois se somos capaces de gañar a un dificilísimo Baíña penso que podemos centrar en pelexar, por un impensable ascenso, hai 2 meses."

O noso xogador Sebas(deixa de xogar con nos este ano, pero será sempre parte de este equipo) ve a "un equipo que é coma unha familia , hai unha unión total, o que fai que cada un do o mellor de si mesmo pensando únicamente no beneficio do grupo, nunca no individual. Temos que seguir así, pelexando en cada partido como se fose o último, pero sobre todo non romper este "bo rollo" e compromiso co colectivo que fai que sexamos un grupo exemplar.
Xa por último agradecer a todos o apoio e compresión que tivestes comigo, e decir que me tendes aquí pàra axudar en todo o que poida ao equipo, sodes os mellores e espero que a final de temporada poidamos celebrar algo grande, e celebralo como ese grupo de amigos que somos. ARRIBA CAMPITO!!! ".

A vindeira semana o equipo recibirá a un dos cocos da categoría como é o Baíña FS,  e dende o equipo e a directiva pedímoslle novamente o apoio a afeccion para poder sumar 3 puntos aue serían de ouro.

EN BREVE SUBIREMOS FOTOS DO ENCONTRO

viernes, 10 de enero de 2014

Previa Celado Mos - CAMPITO F.S. Provincial

Este vindeiro sábado o equipo de provincial desprázase a Sanguiñeda(Mos), en onde as 16:30 rendirá visita ao Celado FS.
Os de Mos ocupan a terceira posición na táboa , a tan só un punto dos nosos, que tentarán defender o liderato.
Os mosenses son un equipo que sabe perfectamente ao que xoga, un equipo veterano, e moi ordeado, polo que a intensidade será clave, no partido de ida , o resultado foi de 3-1 para o Campito FS, pero a igualdade foi a tónica xeral de aquel encontro.
Fran poderá contar con todo o plantel por primeira vez no que vai de temporada, sempre e cando Rucho se recupere a tempo de un "pinchazo" que sufriu no adestramento do xoves.
O adestardor de Amoedo pensa que "o Celado é un equipo veterano que ten as cousas claras, posiblemente sexa o equipo da categoría que ten un modelo mais definido de xogo. Xogadores coma Cuchi, Cobi ou Severino son xente que perfectamente podería xogar en categorías mais altas, polo que se queremos competir tendremos que estar ao 100%, ademais contan con un dos mellores gardametas da categoría . Se seguimos nesta liña de unión e esforzo estou seguro de que pelexaremos por todo, pero o ESFORZO e o TRABALLO son innegociables".
O noso segundo capitán,Varo, opina que "vai ser un comezo de ano moi compricado, debido ó paron perdemola inercia gañadora que levabamos ata o Nadal, e o resto da temporada vai depender en gran medida de como como comecemos este ano(Celado e Baíña) , xa que unha victoria darianos confianza, pero comezar perdendo faría que poidan entrar as dúbidas.
Debemos xogar como se o noso posto na táboa fose o terceiro, e os puntos fosen supernecesarios, pois se caemos na relaxación, isto tan só nos levaría a derrota"
Trátase pois de un encontro moi importante, pois unha victoria colocaría aos de Mos a 4 puntos mais goal-average dos nosos, en cambio unha derrota colocaríanos terceiros, non toca outra que voltar a coller o traxe de combate e presentarnos nesta nova batalla con tódalas gañas do mundo.

jueves, 9 de enero de 2014

Programacion semanal

Voltan as competicións oficiais, xa tendes os horarios de tódalas categorías do clube na sección "PROGRAMACIÓN SEMANAL" .