martes, 25 de febrero de 2014

Arealonga FS 5 CAMPITO F.S. provincial 11

O equipo de provincial vence no derby e consegue o título e o ascenso a Liga Galega.
Apostaba Fran por un cinco inicial formado por Óscar,Simón,Fredo,Guille e Rucho, agardaban no banco Yago,Borja,Ray,Pablo,Borjita,Mouso e Varo.
Os nosos prepararan o partido a conciencia e proba disto foi o arranque do encontro, saque de medio, xogada ensaiada e balón que acaba batendo no pau, tras un remate de Guille no segundo pau.
Seguinte xogada, saque de esquina ao noso favor, e Rucho culmina outra xogada de estratexia ben preparada durante a semana, tan só ía minuto e medio de xogo e os azuis xa ían por diante.
Os seguintes minutos foron un verdadeiro espectáculo de Fútbol Sala, pois os dous equipos foron a polo encontro sen contemplacións, presionando os dous equipos en toda a pista e con rápidas transicións que facía que os porteiros de ámbolos equipos tivesen moitísimo traballo.
Pero os nosos estiveron mais acertados neste intercambio de golpes, xa que Rucho se prantaba só diante do gardameta do Arealonga dúas veces e non perdoaba pondo un 0-3 no marcador que daba alas aos nosos, mentres na outra área un ENORME Óscar detía todas as chegadas dos vermellos.
Aín da así Arealonga é capaz de anotar un fermoso gol que puña o 1-3 co que se chegaba ao descanso e daba alas aos locais.

Arrancaba a segunda parte, e foi nos primeiros 3-4 minutos onde vimos a peor imaxe dos azuis, pero gran culpa foi do gran nivel mostrado polo Arealonga nestes minutos, chegaba o 2-3 ao electrónico, e os locais seguían apretando en busca do empate, estábao pasando mal o Campito FS, pero un balón dividido, pelexado ata o final por Guille, convértese en gol en propia meta dun xogador vermello facendo o 2-4 e dándonos folgos tras pasalo moi mal estos primeiros minutos.
Daquí ao final do encontro dominio aplastante dos nosos,e os goles foron chegando ata completar un 5-11 que fai que o Campito FS sexa campión de liga e o vindeiro ano compita en Liga Autonómica tras conseguir un histórico e traballado ascenso.
Os goleadores azuis foron Rucho(3)  ,Fredo(2),Mouso(2), Ray,Guille,Simón e Varo.

O noso adestrador quere "dar as grazas ao plantel por este ano que me están regalando, son un grupo espectacular, e merecense este ascenso. Eles o gañaron con todo o seu esforzo e deixándose a vida en cada adestramento e partido, tamén quero acordarme de Julio e Adri, eses maravillosos axudantes que me aconsellan e axudan en todo o que necesito.
Pero sobre todo quero darlle as grazas a Iago e Yago, eses dous valentes que traballan como tolos para que todo isto saia adiante, sempre falamos que todos somos importantes e ninguén imprescindible, pero penso que tanto Iago coma Yago si que son IMPRESCINDIBLES,  por iso quero facer público o meu agradecedemento cara eles.
Tamén quero darlle as grazas a afección, INCRIBLES, un 50% deste ascenso correspóndelle a eles, sempre animando alá onde estivesemos xogando, e no día do partido decisivo recibíndonos con bengalas e botes de fume no bar onde estaba desaiunando o equipo dúas horas antes do encontro, un luxo ter unha afección así.
Felicitar tamén ao Arealonga, pois foi un dignísimo e deportivo rival e desexarlle sorte no que queda de temporada, rivales como eles ,Baíña,Tuy,Carballal ou Celado fai que a nosa xesta cobre aínda mais valor se cabe"
                                    
Para o noso xogador e presidente Iago "a victoria foi moi merecida, penso que fixemos un partido moi completo e fomos superiores en tódolos aspectos.
Foi unha sensación única gañalo título en Chapela, diante da nosa espectacular afección que tanta falta nos fai.
Penso que fixemos historia, é algo indescriptible que xamais olvidarei, somos un plantel xoven con moito futuro, e por detrás ben a CANTEIRA apretando forte, polo que o futuro penso que está garantido".
Dende este medio oficial do Clube queremos felicitar tamén ao Lume Bamboo Calypso, novo equipo tamen de Liga Galega tras proclamarse xustísimos Campións do grupo Norte de Provincial, todo un éxito para os nosos amigos do Lume, moitísimos parabéns!!!

A vindeira semana o equipo descansa a nivel partido, pero non o fará a nivel adestramentos, a competición voltará o día 8 en onde recibiremos na última xornada de Liga ao Cereixa FS.

viernes, 21 de febrero de 2014

Previo Arealonga FS - CAMPITO F.S. provincial

O equipo de provincial "visita" este domingo as 12,15 no Municipal de Chapela ao Arealonga FS.
De sumalos tres puntos o equipo convertiríase en campión de liga e conseguiría o ascenso a Liga Galega, pero en fronte estará o segundo clasificado, un equipo que leva unha volta enteira vencendo tódolos seus encontros( a súa última derrota foi no enfrontamento con nos da primeira volta), e cuns números nos seus derradeiros encontros impresionantes que deixan as claras que pasan por un dos seus mellores momentos.
No equipo vermello destaca sobre maneira Alfonso Santos, máximo goleador da categoría, e sen dúbida ningunha o xogador mais desiquilibrante da liga, pero xogadores coma Fran, Iván ou as súas últimas fichaxes fan do Arealonga FS un verdadeiro equipazo moi dificil de derrotar.
Para esta "final" Fran recupera a tódolos lesionados(ainda que algún segue con molestias) e sancionados, e convoca a 14 xogadores(12 dispoñibles, mailos xuvenís Riki e Borjita que xa son xogadores do primer plantel a tódolos efectos), polo tanto deberá facer 2 descartes antes do encontro.
Na opinión do noso mister "conto con un partido moi disputado, esta semana adestramos cousas novas, pero penso que este equipo debe seguir polo camiño que o levou a ser líder a falta de 2 xornadas. Está claro que o rival é un equipazo, pero penso que debemos xogar coma sempre, non debemos caír na precipitación. Se en algo nos supera o rival é en veteranía, pero penso que as nosas gañas e a nosa ilusión debe pesar mais.
Pase o que pase este equipo demostrou que quere futbol sala, domingo podemos subir de categoría, cousa que sería un éxito, pero de non ser así para nada lle podería botar nada en cara a ningún dos meus xogadores, pois sei que van a dar todo o que teñen dentro para tentar gañar.
Pídolle a afección que veña ao Municipal de Chapela a animarnos, sei que o noso eequipo en Chapela é moito mellor que en calquer outro lado, e iso é grazas a esta magnífica afección que temos".
O noso capitán Yago ve "un encontro que se vai decidir por pequenos detalles, sabemos que nos enfrontamos a un gran equipo, pero aínda asi sabemos que podemos gañar e conseguilo ascenso, cousa que ao principio era un soño, pero que agora temos ó alcance da man.
É o noso primer ano na categoría, e ademais somos un plantel xovencísimo pero penso que tamén con moita calidade, se queremos gañar temos que saír a por todas dende o segundo cero.
Para min,como capitán, é unha honra representar aos meus compañeiros, son uns rapaces que compiten moi ben e non se dan por vencidos nunca.
En nome do plantel fago un chamamento a esa estupenda afeccion que nos leva arroupando todo o ano, pois sen eles non estariamos onde estamos a estas alturas, precisamos ese último empuxón dende as bancadas e estou seguro de que a afección non nos vai fallar".
Esperámosvos a todos o domingo as 12,15 no Municipal de Chapela, está claro que xa antes de xogar hai un vencedor claro neste encontro, e ese será o Futbol Sala de Chapela, pois de seguro o Pabillón presentará un espectacular aspecto, con dúas afeccións que animarán deportivamente ao seus respectivos equipos.
O Fútbol Sala de Redondela está moi vivo é proba delo será o garn encontro que se vivirá este fin de semana.

PRECISÁMOSTE AFECCIÓN, VEN A VIVILA FESTA, VEN A VIVILO DERBY!!!!!!

lunes, 17 de febrero de 2014

Crónica Senior Local: Campito F.S 4 - 0 CD Zamans

O encontro disputouse hoxe domingo 16 ás 12:15 no pavillón municipal de Reboreda. O noso filial, líder da categoría, enfrontábase ao CD.Zamáns, un equipo en liña ascendente.
Iago confiaba en Raúl baixo os paus, Nelson, Will, Javi e Sergio. Agardaban o seu turno no banco Dani, Marcos, Sebas e Iván.

Os nosos comezaron o partido presionando en todo o campo e dificultando moito a saída do balón rival.
Non ía tardar moito en chegar o primeiro gol no Min 6 1-0, gran pase de Nelson e mellor gol de Sergio, un zambombazo por toda a escadra imposible de parar. (Sergio, gran xogador que pouco a pouco vai acadando a forma e o ritmo necesarios para ser un xogador top).
Os locais seguían dominando o encontro e as ocasións continuaban chegando aínda que non estabamos afortunados cara ao gol. Will, Sebas, Nelson, Javi e Marcos tiveron as mellores oportunidades a gol nas súas botas. Moi boa actuación do porteiro rival.
Min 20, 2-0 saque de esquina en curto e Dani golpeaba dende fóra da area forte e raso, inalcanzable para o porteiro (Dani, xuvenil que debutaba cos senior B esta xornada, e fíxoo cun excelente partido e un gol)
E sen moito máis chegou o descanso.

Comezou o segundo tempo, sacando de medio o equipo marca xogada ensaiada, gran asistencia de Javi que remata no min 25 co 3-0 cun remate de peito a pracer de Iván. (Iván, grandísimo xogador de agrado do adestrador, cunha gran forza e tiro. Hoxe tiña molestias nas costas, agardamos a súa continuidad na que disfrutará de moitos máis minutos.) Os nosos seguían atacando cun 90% de posesión do balón. Tanto Abel como Raúl, os porteiros, non tiveron apenas que intervir e cando o fixeron foi cunha magnífica actuación. Min 42, gran pisada de tacón de Sebas e Nelson batía por enriba ao porteiro cun gran zapatazo facendo o 4-0. (Nelson, xogador top cunhas cualidades enormes, cunha boa actitude e sentido común pode chegar a xogar nunha división moi superior.)

-Destacar a gran actuación de noso capitan Javi .

-O equipo continúa líder a falta de seis xornadas. Próximo rival o Valladares, agardamos voltar cos 3 puntos para a casa aunque non sera nada sinxelo.

-Noso xogador Sergio pensa: o partido foi moi importante xa que eles viñan de gañar 7-1, pero nós tomamos o mando do partido coma se fose unha final. Pensando xa no que queda de tempada, hai que saír a por todas, que si chegamos ata aquí conseguindo o conseguido agora temos que facelo ben e continuaremos gañando todo.


-Goleadores xerais:

Nelson: 20 Goles
Borja: 9 Goles
Iván: 7 Goles
Sergio: 6 Goles
Will: 6 Goles
Manu: 4 Goles
Marcos: 3 Goles
Sebas: 3 Goles
Simon: 3 Goles
Ray: 3 Goles
Javi: 2 Goles
Dani: 1 Gol
Riqui: 1 Gol




#VamosCampito


domingo, 16 de febrero de 2014

CAMPITO F.S. 7 Estelas Baiona 6

O equipo de provincial remonta un 0-4 e chega a final da vindeira semana líder da clasificación.

Fran sacou un cinco inicial formado por Óscar,Riki,Fredo,Rucho e Ray, esperando no banco Borja,Borjita,Pablo,Mouso,Guille,Yago e Iago.
O partido comezou co Campito FS presionando en toda a pista, e marrando numerosas ocasions de gol, cun Baiona FS que se via superado e incapaz de superala presión dos redondeláns, pero todo cambiou no minuto 5, cando en dúas contras consecutivas os baioneneses poñense 0-2 no marcador.
Os azuis pagaron moi caro estes duros golpes, e viñéronse abaixo mentalmente, xa que rápido se colocaban con 5 faltas(todas elas moi dubidosas e ben provocadas polos visitantes) e vían perigar a súa porta novamente en varias ocasións.
O Baiona seguía dominando, e froito deste dominio o árbitro concedelles un inexistente dobre penalty que se encargan de materializar facendo o 0-3, neste mesmo momento a falta de 6 minutos para o descanso, Fran aposta polo porteiro xogador, pero o xogo de cinco non da os seus frutos e o Baiona consegue polo cuarto gol no seu casilleiro.
Parecía todo perdido, pero aquí chegaba a reacción azul, un balón ao pau, dous dobres penalties errados, 3 chegadas de 2 para un ante o porteiro, tamén erradas polos nosos, deixaban claro que este equipo quería remontar, e todo isto sumado ao apoio da afección fai que o rexeite dun disparo de Ray ao pau se estrele na cara de Borjita e se convirta no 1-4 co que se chegaba ao descanso.
Conxura no vestiario e o equipo sae a morder a pista, e vóltase a ver a ese equipo voluntarioso e que non se rinde ante os adversidades, froito disto aos 2 minutos o marcador xa era de 3-4 tras 2 goles de ,un expectacular onte, Guille..
Os baioneneses estábano pasando mal, e mesmo os locais reclaman dous penalties por mans dentro da area visitante que o arbitro non viu así, pero si pitou novamente faltas inexistentes que volvían a castigar en exceso aos locais.
Estabamos vendo a mellor versión dos azuis e así chegaba o empate o 4, pero novamente con 5 faltas na seguinte xogada outro invento arbitral fai que os visitantes gocen de un dobre penalty detido por Yago, pero que no rexeite fan o 4-5 que novamente pon aos nosos por detrás.
Os "beretes" novamente tiñan que remar, e sacaron esa raza tan característica, e Guille completou o seu hattrick particular cun golazo dende a frontal que facía o 5-5, na seguinte xogada chegou o gol do partido(e probablemete do ano), cun Rucho que sen ángulo facía o 6-5 que levaba o delirio ao banco local e a unha entregada afección que non daban credito ao golazo que acababa de marcalo número 10 azul.
Faltaban 5 minutos e a remontada culminárase, agora quedaba o mais dificil, que era mantela, e para darnos mais tranquilidade Ray facía o 7-5 a falta de 4 minutos.
A falla de 2 minutos o Baiona facía o 7-6 tras un erro dos nosos na marca, e de aquí ao final pouco que contar, tan só unha parada de Yago, e un man a man de Pablo co porteiro visitante ben detido por este.
En definitva tres puntos de ouro para seguir na loita a falta de 2 semanas para o remate da liga.

Na opinión do noso adestrador Fran "vimos a peor cara do equipo na primeira parte, foi como se nos superase a presión, soubemos levantarnos e a base de darlle moito ritmo ao encontro fomos capaces de darlle a volta ó partido, foi un exame de madurez esta segunda parte, e penso que o aprobamos con moi boa nota. Afrontámolo partido con baixas,e con xuvenís xogando moitos minutos(incluso Riki foi titular), e penso que se fomos quenes de remontar foi pola gran implicación que mostarn tódolos xogadores.
Darlle as grazas a afección e felicitar ao Baiona FS polo bo equipo que teñen, non entendo como van tan abaixo na clasificación.
Para a semana partido para disfrutar e sufrir a partes iguais, non podo prometela victoria, pero si que nos deixaremos todo o que levamos dentro por conseguila e celebrar o ascenso que conlevaría con ela, Let´s Go Rapaces , Let´s Go Campito!! ".

Para Guille, un dos mellores no encontro de onte "foi un partido complicado que se gañou por saber maduralo partido e saber deixar que eles sos se foran do encontro, A nosa primeira pate foi horrible, sobre todo a nivel defensivo , aínda que penso que tamén tivemos mala sorte, xa que a maioría dos goles deles foron a balón parado e incluso de rebote como na falta.
No descanso o equipo mentalizouse de que había que saír a sufrir e iso fíxonos gañar.
Noraboa ao Biona polo bo partido realizado e por pornolo tan difícil.
A nosa afección darlles as grazas polo apoio e pedirlles que nos axuden a vindeira semana, para intentar acabala liga no mais alto da táboa, e asi poder cantar "esta es la afición de un equipo campeón. "

A vindeira semana visitaremos ao Arealonga FS, e unha victoria faríanos campións, xa publicaremos o horario do encontro en canto o sepamos.

EN BREVE SUBIREMOS FOTOS DO ENCONTRO

viernes, 14 de febrero de 2014

Mini Previas Fin de Semana

-Alevín Feminino vs Valladares, Domingo 16 as 11:00 no Pavillón de Reboreda , As nosas rapazas mais pequenas van mellorando pouco a pouco . Encontro compricado ante o Valladares un equipo moi traballado , pero as nosas no se redenran tan facilmente. Adrian convoca: 1 Lucía 2 Laura 3 Ainara 4 Uxía 5 Ana 6 Marta 7 Noa 8 Natalia 9 Antía .


Infantil Femenino vs Salceda, Sábado 15 as 10:45 no Pavillón IES Pedra Rubias Salceda , As nosas rapazas teñen claros sintomas de melloría , hace dous semanas empataronlle as segundas clasificadas , pero este fin de semana e o día de dar o pasiño hacia adiante e porfin consegui esa victoria tan ansiada .No encontro de ida nun puidemos marcar o gol e o resultado foi 0-0 aver que pasa esta vez , VAMOS RAPAZAS. Iago convoca a : 1 Lucía 2 Soffia 3 Iria 4 Carla 5 Raquel 6 Andrea 7 Ana 8 Uxia 9 Ainara.


Cadete Masculino vs Martin Codax, Domingo 16 as 10:00 no Pavillón de Balaidos , Os noso veñen de gañarle ao Redondela F.S nun derbi moi desputado . Este Domingo se enfrentaran ao perseguidor, que estan 2 Clasficado é que só esta a 3 puntos dos nosos . Foi o unico equipo quen de gañarnos do que vai de liga. De gañar os nosos os deixarían a 6 puntos. Miguel convoca: 1 Juanca, 2 Juan, Aaron Vidal, 3 Aaron Rdrguez , 4 Diego , 5 Guille , 6 Javi , 7 Adri


Xuveníl Masculino vs Bembrive, Sábado  15 as 13:00 no Pavillón de Reboreda , Despois de xuntar posturas cos xogadores nunha reunión que parece que surxiu efecto os pupilos de Yago levan 5 encontros 5 victorias que os fai 4º na taboa e moi cerca do 3º Clasificado. Os rapazes teñen qu seguir esforzandose ao máximo e correndo que os resultados chegaran que calidad non lles falta. Esta semana tendran enfrente o Bembrive último clasificado. Yago convoca: 1 Raul, 2 Jonas, 3 Dani, 4 Hugo, 5 Santy, 6 Aaron  Vidal (Cadete), 7 Joshua 8 Riqui.


Senior Feminino vs Salceda , APLAZADO



Senior Mas Local vs CD Zamans, Domingo 16 as 12:15 no Pavillón de Reboreda, o CD Zamans ven de gañar 7-1 ao Union FS , e se pon con 7 puntos e despois dunha mala primeira volta o CD Zamans esta recuperando puntos despois de facer uns fichajes. Non sera nada fácil pero os nosos confian en gañar , despois de deixar moi boas sensacións os últimos encontros, 7 encontros , 7 finais . Iago convoca: 1 Raul, 2 Javi , 3 Nelsón , 4 Sergio, 5 Iván , 6 Borja (Xuveníl), 7 Sebas, 8 Will , 9 Marcos , 10 Dani (Xuvenníl), 11 Abel



Senior Provincial Casa Conchita vs Cuntis, Sábado 15 as 20:00 no Pavillón de Cuntis . O Casa Conchita solo vale a victoria para seguir "soñando" despois de tirar por a borda toda a tempada a semana pasada contra os colistas. Cuntis un bó coxunto que foi quen de empatar ao Casa Conchita no partido de ida. Miguel convoca: 1 Dani , 2 Padu , 3 Rafa , 4 Raul , 5 Will , 6 Jorge , 7 Yago, 8 Nelsón ,


Senior Provincial Campito F.S vs Estelas Baiona, Sábado 15 as 16:15 no Pavillón de Pazos. Os nos veñen de gañar ao Tui F.S despois dun final agonico. Os rapaces de Fran saben que gañanado dous encontros seguidos son campions é eso se nota nos adestramentos e nas gañas de xogar . Estelas Baiona un gran Equipo que esta nunha posición da taboa que non merece para nada. No encontro de ida os Beretes gañaron ao Baiona por a miníma 3-4 . Un encontro donde non valen escusas o equipo ten que dar a cara . Fran conta con 2 importantísimas baixas: Simón e Baro . Fran convoca: 1 Yago, 2 Oscar, 3 Pablo , 5 Ray , 6 Borja , 7 Mouso , 8 Borjita , 9 Rucho , 10 Fredo , 11 Riqui e 12 Iago



Previa CAMPITO F.S. provincial - Estelas Baiona F.S.

Este sábado ,as 16:15, no Municipal de Pazos de Borbén o equipo de provincial recibe ao Estelas Baiona FS, sétimo clasificado da liga.
Os de Baiona son un equipo con moitísima calidade, e contan con xogadores con moitísima veteranía. No partido de ida o resultado foi de 3-4 para os nosos, pero sen dúbida foi o partido de todo o ano en onde a Deusa Fortuna estivo mais do noso lado.
Fran contará coas baixas case seguras de Simón,Varo e Mouso ,polo que os xuvenís Borjita e Riki completarán a lista.
O equipo é sabedor da importancia do choque, pois é clave chegar ao enfrontamento co Arealonga por encima, pero tamén teñen claro os redondeláns que os baionenses non podrán para nada as cousas sinxelas.
Debido a imposibilidade de xogar en ningún pabillón do noso concello, temos que desprazarnos a un Concello veciño como é Pazos de Borbén, seguro que será un impedimento para que a afección acuda en masa, pero pedímoslle un esforzo para que nos axuden a conseguir estes 3 puntos, que son de vital importancia na pelexa polo ascenso.

jueves, 13 de febrero de 2014

Entrevista a FRAN entrenador do Senior Provincial

** Preguntas feitas por xogadores do primer plantel .

1.Boas noites Fran , vamos a facerche unha pequena entrevista xa que se acerca o fin de tempada , Vemos ó teu equipo liderando a taboa , esperabaste isto?

-Pois se che son sincero NON , sabia perfectamente que íamos a competir en tódolos encontros , pero de aí a estar encabezando a clasificación a estas alturas hai un mundo . Os meus xogadores demostaron que son moi fortes mentalmente , e con moito traballo souberon progresar motísimo dende pretempada ata hoxe.


2.Cal foi a túa primeira impresion cando viches a plantilla? E que pensas ahora ?

- A primeira impresion non foi moi boa a nivel tactico , era un grupo moi verde , con poucas nocions básicas asimiladas , en cambio dende un principio detectei que as gañas de aprender e mellorar eran asombrosas . Hoxe en día aínda estamos en fase de aprendizaxe e melloría . pero penso que somos tácticamente moito mellores que naquel mes de agosto que coñecín ao plantel.



3. A principios da tempada en que postos pensabas que ía  acabar o teu equipo?

-Sinceramente nunca pensei que puideramos pelexar polo ascenso , nas primeiras xornadas comprobei que seríamos un duro rival para tódolos equipos , pero pensaba que o noso posto na liga seria en torno ao 5º - 6º . Con forme foron pasando as xornadas funme crendo pouco a pouco que poderiamos loitar por ser campións , bueno mais ben que créndomo eu, fórome covencendo os mes xogadores a base de duro traballo nos adestramentos , cousa que vía reflexada en bos resultados nos partidos do fin de semana.



4.Cal é a meta deste equipo nas seguintes tempadas?

-Éste equipo penso que ten que consolidarse , sexa na categoría que sexa (se é en autonómica mellor) , non vale de nada facer 2-3 anos moi bos e ao seguinte desaparecer , a estrutura do clube parece sólida , hai unha canteira de calidade e cantidade , ahi penso que debe estar o futuro do clube , se tes unha base consolidada os éxitos acabaron chegando , pero non se debe ter presa por alcanzar metas importantes.


5.Fran , ti crees que o bo rollo do equipo e fundamental para estar onde estamos?

-Sen dúbida, o bo "rollito" que temos entre nos é unha das claves da gran temporada que estamos realizando , está claro que sen talento e sen traballo o bo "rollito" non valdría para nada , pero si que axuda a que todos acepten as decisións que tomo eu como mister , e que todo o mundo apoie aos seus compañeiros nos momentos delicados . Somos un grupo exemplar no aspecto extradeportivo e iso faise notar no deportivo.



6.Mister , quizas soese ser conformistas , e cando as cousas van ben relarxarse pero que crees que lle falta ao teu equipo?

-Bufffff , penso que nos faltan moitisimas cousas , pero quizais pecamos de inocentes a veces , fáltanos un pouquiño de veteranía . Por exemplo o fin de semana pasado en Tui gañabamos 3-6 , e non fomos capaces de dar esa calma ao encontro que nos houbese feito sufrir menos.


7.Estas agusto no Clube?

- Rotundamente SI , actúo tal é como me sae de dentro , deuseme liberdade total nas miñas decisións , ninguén se mete no meu traballo , e iso é imprescindible para min a hora de levar un equipo.Despois a nivel compañerismo estou encantado , fora dos adestramentos e dos partidos os xogadores considéranme un mais , teño unha gran relación persoal con todos eles e iso faime estar moi a gusto. Ademais a filosofía do clube en si encántame , pois o traballo de canteira é unha cousa que me apasiona , gústame ir a velos encontros do filial , dos xuvenís ou dos cadetes e ver tamén a melloria que mostran estes equipos . O senior Feminino tamén suelo ir a velo xogar . Considérome un " tolo e namorado " do futsal , e neste clube mato o gusanillo ben a gusto.



8.Cal foi o teu peor momento no Campito FS?

- Pois sen dúbida ter que deixar fora da lista algún xogador , somos un grupo amplo , e de vez en cando con 13 xogadores dispoñibles teño que facer un descarte . É un momento duro para min , pero por fortuna sempre se entendeu pola outra parte implicada.
-É a nivel emocional , sen dúbida foi cando coñecin a situación de Sebas , e entre todos decidimos que o mellor sería que baixase a xogar có filial.



9. Tres partidos, tres finais, crees que imos ser campions? Cantas posibilidades pensas que temos?

-Unha cousa está clara , os outros dous equipos implicados cambiaríanse por nos agora mesmo , e isto tense que notar . Sinceramente penso que temos que seguir encontro a encontro  , os encontros do Arealonga e Cereixa ainda quedan moi lonxe , temos que pensar únicamente e exclusivamente no Estelas Baiona F.S que é o equipo ao que nos enfrontamos esta semana e ademais xa na primeira volta lle gañamos con moito sufrimento , xa haberá tempo para pensar nos seguintes . En canto a porcentaxes voume mollar. CAMPITO FS 40%, AREALONGA 40% , CELADO 20%.



10. Mister, cal foi o mellor equipo contra o que xogamos este ano? Cal foi o que mais che gustou?

-Como equipo en si encantoume o Tui , un equipo que xoga moi ben o fútbol sala , tamén o Baiña lle vin moi boas maneiras de futsal no partido de ida, en cambio no de ida penso que os superamos, pero son un clube fiel a un estilo e iso daralles resultados antes ou despois. Despois equipos como Celado ou Arealonga contan con grandisimos xogadores no seu plantel ( probablemente os 3 - 4 mellores xogadores da liga esten neses 2 equipos ). O Estelas e o Valadares son equipos que nos puxeron as cousas moi dificiles , e contan con xente veterana que saben perfectamente de que vai este mundo e esta categoría , o Carballal é un equipo que sin a mala sorte que leva tido estaria moito mais arriba seguro.




11. Manda unha mensaxe a afección, e outra aos teus xogadores.

- Aos meus xogadores darlle as grazas polo gran traballo que están facendo , ter un grupo así é incrible para min , Só hai un membro deste equipo que pode fracasar , e ese sería eu se non son capaz de facer que o equipo suba. Con tanto traballo e o bo facer que está tendo este plantel, calquera adestrador triunfaría , e ese é o meu propósito de aqui a final da liga. Tamén quero agradecelo seu traballo a Julio e Adri eses dous axudantes que teño , sempre están ahi para axudarme en todo e facerme mellorar.

-O da afección e expectacular , e incrible que en categoría provincial vaian ao Municipal de Chapela 200 persoas , e mais impresionante e que non paren de animar , esta comunión equipo-afección fai que teñamos 5-6 puntos extra a estas alturas , e só lle podo dar as grazas , e pedirlles que sigan así nestes encontros que faltan.


Moitisimas grazas Fran e vémonos na celebración do campionato.

-Ogalla , e moitas grazas a vos.






domingo, 9 de febrero de 2014

CD Tui FS 5 CAMPITO F.S. provincial 6

Agónica e sufrida victoria do equipo de provincial na súa visita a Tui que o mantén líder a falta de 3 xornadas.

O equipo presentábase en Tui sabedor de que o partido se trataba da primeira "final" das 4 que faltaban para rematar a liga, e o mister apostou por un cinco inicial formado por Óscar,Simón,Borjita,Fredo e Rucho, agardando no banco Yago,Iago,Mouso,Pablo,Borja,Ray e Guille.
O partido comezaba cun Campito FS presionando en todo o campo, e moi cómodo a hora de telo control, froito disto preciosa paralela entre Rucho e Simón que Fredo culmina no segundo pau facendo o 0-1 ao minuto e medio de xogo, todo parecían boas novas, pero na seguinte xogada unha boa saída de presión dos tudenses fai que un xogador se plante só diante de Óscar, e tras regatealo chega Simón facendo penalty, o cal conleva a súa expulsión ós 2 minutos de xogo.
Lánzase a pena máxima, e o balón vaise fora, parecía que o duro golpe recibido trala expulsión de Simón se minimizaba tralo erro do penalty. Ademais na seguinte xogada Fredo facía o 0-2 que nos daba moito aire e moitísima moral de que se podían traelos 3 puntos de Tui.
Pero, ao igual que o día do Baíña, un corner sacado atrás do equipo contrario con lanzamento lonxano se convertía en gol, cos xogadores azuis como meros espectadores do lance.
O equipo sacou novamente esa casta que o caracteriza, e Guille engancha un potente disparo dende 12 metros que tras bater nos 2 paus se cola na porta rival, facendo o 1-3. Os de Tui fan a quinta falta e dispomos de un dobre penalty que ,un ultimamente inspiradísimo dende os 10 metros, Iago converte no 1-4 co que chegariamos ao descanso.

O equipo sae ao campo sabedor de que o Tui aínda estaba e vivo, pois trátase dun verdadeiro equipazo de fútbol sala, digno de outra categoría, e tras un indecisión entre Yago,Pablo e Ray na que ningún dos tres acerta a despexar un rexeite, un xogador local mete o pé para facer o 2-4.
Novamente os de Tui voltaban a crer na remontada, pero Rucho non tarda moito en facelo 2-5, nun golpeo que se colaba pola escadra da porteria defendida por Esteban,que voltaba a por terra de por medio.
O partido seguía cun Tui intentando mover rápido o balón e cos redondeláns presionando en todo o campo, e o nunha nova saída de presión un xogador local prántase so diante de Yago, que o derriba e ve a súa segunda amarela, polo que novamente ten que voltar Óscar a portería.
Sácase esa falta e tras un rexeite o balón acaba dentro da porta facendo o 3-5.
Voltabamos a marcar rapido, tras un saque ensaiado de banda no que Mouso asiste a Rucho ao segundo pau para polo 3-6 a falta de 5 minutos.
Dous goles rápidos do Tui fan o 5-6 , e despois sacan porteiro-xogador, pero cunha boa defensa e cun gran sacrificio colectivo somos capaces de que o partido remate así.
Agradecelo apoio aos nosos incondicionais que fixeron do Pavillón Novo Tui un pequeno Municipal de Chapela, e animaron nos momentos mais delicados aos nosos.


O noso segundo adestardor Julio viu "un partido de alto voltaxe entre un equipazo coma é o Tui e un recien ascendido como somos nos que estamos sorprendendo a propios e extranos. Este era un deses encontros marcados cunha X no calendario, e contabamos coa importantísima baixa de Varo, ao que hai sumala tempraneira expulsión de Simón. Penso que fixemos unha primeira parte completísima e o resultado de 1-4 pódese considerar como xusto, na segunda parte o rival apretou moitísimo e acabamos defendendo como gato panza arriba o resultado, cousa que conseguimos con moitísimo sufrimento.Felicitar ao Tui FS polo seu deportivo comportamento e polo bo mtrato recibido, sen dúbida un clube exemplar. Aos meus decirlles que agora toca traballar duro para intentar rematala faena"

Pola súa banda Mouso viu "un partido igualado que puidemos matar na primeira parte, pois gozamos de moitísimas oportunidades, pero na segunda pecamos de falta de intensidade nalgunas xogadas, e isto fixo que o Tui se metese de cheo no encontro, pero bueno penso que este partido gañouse por co.......óns, pero penso que por xogo tamén. Somos un bo bloque, e se estamos concentrados definimos a perfección a palabra EQUIPO"

A vindeira semana recibiremos ao Estelas Baiona FS, equipo con moitísima calidade, pero se queremos completala machada do ascenso non podemos deixar escapar ningún punto.


viernes, 7 de febrero de 2014

FIN DE SEMANA VITAL "MINI PREVIAS"

Alevín Feminino - Descansan

Infantil Feminino vs Poio F.S - Sábado 8 ás 13:00 no Pavillón Reboreda .As nosas  rapazas veñen de empatar 1-1 contra as segundas clasificadas o Bembrive F.S pero este sabado o tendremos moi moi compricado xa que enfrente estara o Poio F.S primer clasificado que leva 47 Goles a favor é so 3 Goles en contra. Iago convoca: 1 Lucia , 2 Sofía , 3 Iria , 4 Carla , 5 Raquel , 6 Ana , 7 Andrea e 8 Uxía (Alevín).

Cadete Masculino vs Redondela F.S - Sábado 8 as 10:00 no Pavillón de Reboreda . Os nosos rapazes estan dando a sorpresa , un equipo feito desde cero e a mairía de primeiro ano, van no mais alto da taboa . Este sábado o tendran moi compricado se enfretaran ao clube veciño, segundos casificados ademais Miguel contara coa baixa de Diego Somoza por estar concentrado coa seleción galega e Saul , Kike , Jony e Manu por motivos persoais . Esperemos un gran encontro. Miguel convoca: 1 Juanca , 2 Aaron Vidal , 3 Aaron Rodgz , 4 Adri , 5 Juan , 6 Javi , 7 Fer  e 8 Guille.

Xuveníl Masculino vs Miralba "A"- Sábado 8 as 13:00 no Colexio Miralba . Despois de pasar unha moi mala racha os nosos xuvenís liderados por Yago entraron nunha boa dinamica e levan 3 encontros seguidos sumando os 3 puntos . Este sábado se enfretaran ao Miralba "A" , esperamos seguir coa moi dinamica e para iso necesitase o mellor de cada un. No partido de ida os nosos impuxeronse por un cotundente 6- 1. Yago convoca: 1 Raul , 2 Riqui , 3 Jonas , 4 Dani , 5 Joshua , 6 Santi , 7 Borja ,8 Hugo e 9 Michy.

Senior Local Masculino vs Miralba - Domingo 9 as 10:00 no Fronton , Noso Filial ven de gañar 4-1 ao Treboada e recuperar boas sensacións , ocupamos o primeiro posto pero so a 1 punto esta o segundo clasificado e a 3 puntos o terceiro clasificado , quedan 8 encontros 8 finais que non podemos deixar escapar ningun punto. Cada encontro e importantisimo e calquera mal día podenos costar o campionto. Miralba equipo xoven con moita calidaded que nolo vai a por moi dificil . Iago convoca: 1 Diego , 2 Abel , 3 Javi , 4 Sebas , 5 Will , 6 Sergio , 7 Nelsón , 8 Ivan , 9 Manu  e 10 Borjita ( Xuveníl) .

Senior Feminino vs Treboada - Sábado 8 as 20:30 no Pavillón de Reboreda , as nosas veñen de gañar pola minima ao O Barqueiro,  pola  a súa contra o Treboada ven de gañarle 8-1 ao Xeve un claro candidato ao titulo. Treboada un equipo moi completo e moi ben traballado, pero as nosas no se arrugan e de seguro que sera un derbi moi desputado, sin dúbida ningunha eo DERBI mais disputado do campionato, Segundas contras Terceiras , as de Teis contras as Beretes. Iago convoca: 1 Sabela , 2 Atenea , 3 Jeny , 4 Sara , 5 Aldara , 6 Raquel , 7 Iria , 8 Marta e 9 Lucía .

Senior Provincial Casa Conchita vs 7a9Cafyd - Domingo as 11:00 no Pavillón de Reboreda , Casa Conchita xa son segundos despois de encadear unha moi boa racha , e gañar claramente a rivais directos como Nosas Ruas e Moañes Celestes . Os de Miguel estan en moi boa forma e teñen que aproveitalo y non perder mais puntos. Miguel convoca: 1 Michy , 2 Miguel , 3 Pepe , 4 Rafa , 5 Jorge , 6 Bata , 7 Iago , 8 Padu  e 9 Jonas ( Xuveníl).

Senior Provincial Campito F.S vs Tui F.S - Sábado as 17:00 no Pavillón Novo Tui , Este equipo non para de sorprendenos e segue lider a base de traballo , que ninguen regalou nada , 3 encontros 3 finais os nosos mais concentrados que nunca intentaran conservar o liderato . Tui F.S un magnifico coxunto , que foi quen de ganar no encontro de ida por 0-1 . So queda loitar estes 120 min que restan . Fran convoca : 1 Yago , 2 Oscar , 3 Mouso , 4 Fredo , 5 Rucho , 6 Simón , 7 Pablo , 8 Borjita ( Xuveníl ) , 9 Guille , 10 Borja , 11 Iago e 12 Ray.





Previa CD Tui FS - CAMPITO F.S. provincial

Este vindeiro sábado 8 de febreiro o equipo de provincial viaxa a Tui, en onde as 17:00 no Pavillón Novo de Tui se enfrontará ao equipo local.
No partido da primeira volta os tudenses conseguiron derrotarnos no Municipal de Chapela por 0-1, nun emocionante encontro que supuxo a primeira e única derrota ata o momento dos nosos.
O equipo de Tui dirixido por Juan, un experto e bo adestrador, posee nas súas filas a xogadores de contrastrada calidade e con experiencia en categorías moi superiores, so hai que ver que xogadores como Esteban,Pablo,Bonano ou Cris forman parte dese plantel para saber do seu poderío.
Ademais tan só un  imperdoable erro da federación fixo que este ano non estén xogando en categoría Autonómica.
Pola nosa banda será baixa novamente por lesión un dos nosos capitáns como é Varo, e completará a lista novamente o xuvenil Borjita. O equipo adestrou sabedor da vital importancia do encontro, e o corpo ténico recalcou a importancia da táctica neste encontro.
Para o noso adestrador "o Tui é o equipo da categoría que mellor fútbol sala practica, tiven a fortuna de compartir vestiario con varios dos seus xogadores, e son xente que lle gusta ter o balón, ademais están curtidos en mil e unha guerras, polo que coñecen tódalas variedades que pode dar de si un encontro. Ademais tamén coñezo ben ao seu adestrador, Juan é un estudioso do fútbol sala, polo que sabe sacar o mellor do seu plantel.
Será un partido duro, se queremos traernos algo positivo teremos que estar ao 200 % e non deixar de pelexar ningún balón"

Pola súa banda Varo, que será baixa este sábado, ve "un encontro complicado ante un rival que foi o único capaz de deixarnos sen puntuar no que vai de liga, pero este equipo destaca polo corazón e garra que ten, que de seguro nos fará traer os 3 puntos. Nesta "guerra" que temos co Arealonga temos a vantaxa de que podemos "fallar" nun encontro, cousa que eles non se poden permitir, e iso ten que xogar no noso favor xa unha victoria en Tui sería importantísma, pero unha derrota non sería definitiva, pois seguiriamos dependendo de nos mesmos para ser campións.
Quero mandarlles ánimo aos meus compañeiros, e decirlles que confío neles ao 100%, o sábado estarei en Tui ,como un siareiro mais, animando ao MEU EQUIPO. Let´s go Campito!!! "
Sabemos da dificultade que terá a afición para desprazarse a Tui, pero pedímoslles un esforzo, o equipo sairá as 15,30 dende a Gasolinera de Puxeiros, quen queira que se acerque e facemoslle sitio.
Ou senón pondevos en contacto con Iago para ir dende Chapela.
Temos que pelexar por este soño, e sen esta maravillosa afección que temos non será posible.

martes, 4 de febrero de 2014

Entrevista a Borja Pino " Borjita " xogador Xuveníl do Campito F.S

1. Boas noites Borja , o primeiro fainos unha pequena presentación túa.

- Chámome Borja e teño 18 anos , vivo no Calvario e son xogador do Campito F.S xuvenil.


2. Como chegaches a firmar polo clube?

- Por uns amigos ( Manu e Nelson ) que estaban facendo a pretempada e dixeronme de probar , fun e gustoume bastante e quedeime.


3. Cóntanos a túa traxectoria como xogador.

-Empecei a xogar no Gran Peña de F11 , despois funme ao equipo do colexio de FS , despois fun a provar sorte ao Lavadores , despois volvín a Futbol 11 a La Base , máis tarde marchei para o Santa Marina despois para o Sardoma, volvín ao fútbol sala no Calvario ata agora que estou no Campito F.S.


4.É o teu primer ano no clube , como o ves por dentro?

-Moi ben a verdade , moi bo rollo e moitisimo compromiso para chegar ao mais alto , síntome moi cómodo a verdade.


5.Eres xuvenil pero tamen xogas có Senior Local e có Senior Provincial , nalgún momento pensaches que o adestrador do senior provincial contaría contigo como un mais do primer plantel?

-A verdade que non , que me pillou de sorpresa , está demostrando que confía moito en min , só queda esforzarme ao máximo para devolverlle a confianza depositada en min.


6.En que categoria te sintes mais cómodo xogando?

-No Senior Local a verdade , xa que están Manu e Nelson que xa levo moito tempo xogando con eles , e me adaptei mellor.

7.En que se diferencian e en que se asemellan os tres adestradores que te están adestrando este ano?

-Asemellanse en que os tres queren saír a polo encontro , sen importarlles o rival , e poñenlle moitísima intensidade os tres. Diferencianse en moi pucas cousas a verdade, son os tres moi bos.


8.Que esperas conseguir este ano?

-En Xuvenil quedar o mais arriba posible , estamos moi lonxe do primeiro posto despois de pasar unha mala racha.
-No Senior Local o campionato e o ascenso, igual que no Senior Provincial.

9.Como ves o teu futuro como xogador?

-Porque non  algún día un Campito F.S vs Pozo !! jaja xD


10. -Xogador top xuvenil ? Riqui
- Xogador top Senior Local? Nelsón
-Xogador top Senior Provincial ? Simón 


Moitas grazas Borja esperemos que sigas triunfando cos tres equipos , moitísima sorte !!



lunes, 3 de febrero de 2014

Xuveníl: Campito F.S 6 Carballeira Tuy 4

Encontro disputado o sábado no pavillón de Reboreda.


Para este encontro Yago contaba coas baixas de Santi, Joni e Diego por decisión técnica, o que fai entrar na convocatoria a Aaron Rodriguez do equipo cadete.
O quinteto inicial sería o formado por Raúl baixo paos, Riki, Borjita, Josu e Dani, esperando no banco Hugo, Michi e Aaron.

Moi boa primeira metade a xogada polos nosos que controlaron a faceta do xogo na sua totalidade nestes primeiros 25 minutos, labor ensombrecida polos desastrosos 18 primeiros minutos da segunda metade posto co equipo deixouse remontar a ventaxa de 3 a 0 que levou o descanso.
O primeiro tanto sería obra de Hugo despois de mandar o fondo das mallas unha boa xogada asociativa, o segundo sería obra do capitán Riki despois de empuxar no segundo pao unha xogada de Dani pola banda dereita, o terceiro tanto repetiría Hugo esta vez coa testa a pase maxistral de Raúl dende a portería. Ata aquí todo ben, pero o equipo na segunda metade caiu en errores pasados e deixouse remontar o encontro, posto que nos primeiros minutos deste periodo, parecía que habían quedado no vestiario, a falta de 6 minutos para o remate do encontro Yago decide sair con porteiro xogador, o encargado sería Riki, o equipo comeza a asociarse e a mover o balón máis rápido o que fai que o rival teña que recuar en exceso, e así chegarían os tantos da remontada, o empate poríao Riki e o da victoria sería Michi, que volvería a repetir poñendo terra de por medio e así certificar a nosa victoria, os tres tantos serían de vella factura posto que foron golpeos dende fora que o porteiro visitante non acerta a deter.

No global boa victoria que nos fai seguir escalando posicións e recortar puntos os de arriba da táboa, tamén destacar o debut do noso cadete Aaron que xogou un grandísimo encontro, suple os anos de diferencia con clase e bo facer, unha zurda o servicio do clube que nos vai dar alegrías nun futuro non moi lonxano.

A vindeira xornada tócanos visitar o Miralba A, encontro compricado polo rival e pola pista posto que para un equipo xuvenil faise pequena, pero de seguro os nosos rapaces darán o mellor de si para 
traerse os tres puntos para casa.

¡¡ÁNIMO RAPACES ÁNIMO CAMPITO!! 

Crónica: Campito F.S 1 - 0 O Barqueiro (Senior Femenino)

Encontro corresponde a 6 xornada do campionato , enfrentaban as nosas rapazas contra O Barqueiro , ás 19:15 no pavillón de Reboreda . As nosas chegaban o encontro despois de 3 semanas sen gañar pero deixando moi boas sensacións:
Miño F.S 0 - 0 Campito F.S
Campito F.S 1 - 2 Bembrive F.S
Xeve 2 - 2 Campito F.S
2 puntos de 9 posibles, pero contra claros aspirantes ao titulo de liga , os 3 puntos eran vitais para non desegancharnos dos postos de cabeza.

Iago apostou por un quinteto formado por: Sabela baixo os paus e Atenea , Aldara , Raquel e Iria esperando o seu turno no banco Marta , Jeny , Lucia  e Sara .
O encontro comezeu coas nosas presionando en todo o campo , pero o rival era quen de salir desa dita presión e tiña as primeras ocasións de marcar pero Sabela espectacular todo o encontro supo solventalo moi ben. As nosas rapazas tamen chegaban , menos pero con mais perigro pero entre a mala sorte e a porteira o esferico non chegaba ao fondo das maias. As mais claras estiveron nas botas de Jeny e Lucia .Espectacular noso cierre Sara outra vez que estivo todo o partido de 10.

Comezaba a segunda parte e Iago decia as suas que esperaran en metade da pista e tranquilizaxen o xogo , e asi foi con as nosas en media pista gañamos é moito , mais posesión para as nosas e mais ocasións que no davan entrado.Faltando 9 min Iago aposta por porteira-xogadora a xogadora elixida foi Atenea esa xogadora con tanta clase pero que as veces faltalle un pouco de picardia e sangue pero  neste caso non foi asi. O equipo con porteira-xogadora foi dono e señor do encontro elas cerradiñas atras esperaban saír nalgunha contra. Defendendo un ataque pitanos en contra unha minifalta e seria a 6,  DobrePenalty pero Sabela era quen de detelo y sair a contra .. Seguimos con porteira-xogadora e a falta de 2 min perdemos un balón e Atenea agarra a xogadora rival para que non tire cando a porteria, que estaba valeira e seria 7 falta outro DobrePenalty pero outra maginifica actuación de nosa gardameta Sabela Enorme!!! Faltando 15 seg para o final Sara incumbe na área contraria e empurrana e o colexiado indica pena máxima. Aldara co o encontro finalizado tira e bate por baixo a porteira 1-0 .O colexiado pita o final. Encontro moi traballado das nosas que non merecimos menos.

Con estos 3 puntos nos colocamos Terceiras na clasificación por diante solo Treboada e Bembrive . Próximo encontro contra o Treboada encontro de máxima tension que de seguro que as nosas non fallaran.

Grazas a esta xente chamada AFICIÓN que nos alentou todo o encontro.

Goleadoras xerais:

Atenea: 11 Goles
Aldara: 10 Goles
Jeny: 9 Goles
Uxia: 7 Goles
Lucia: 7 Goles
Raquel: 6 Goles
Iria: 5 Goles
Laura: 3 Goles
Sara: 1 Gol

Xa nas cifras de goles vemos que no hay xogadora que destaque por encima de outra , somos un gran grupo que todas son importantisimas e que xuntas e traballando duro podemos dar moitas alegrias. ANIMO RAPAZAS!!



#VamosCampito

domingo, 2 de febrero de 2014

Cronica : Campito F.S "B" 4 - 1 Treboada ( Senior Local )

Partido correspondente a 14 xornada do campeonato, enfrentaba o noso filial contra o todo poderoso Cabo de Peñas Treboada , as 16:30 no Pavillón de Redondela.
O quinteto inicial : Diego na porteria e Nelson , Borja , Ivan e Marcos , esperando o seu turno no banco : Abel (P) Javi , Sergio , Jonas , Sebas e Will.


Os nosos saíron esperando na metade da pista , solo en presión en determinadas xogadas , fumos quen de controlar os primeros compases e de ter as mellores oportunidades o Treboada ben plantado atras pero moi timido en ataque que na primera parte apenas chegou.
1-0 iva a chegar das botas do noso xuvenil Borja despois dunha boa parede con Nelson , dous boisimos xogadores que cando se asocian crean moito perigro.
Con aventaxa no marcador os nosos seguian dominando o econtro , e chegando as oportunidades que non remataban en gol, Sergio tivo varias , Will tamen que por pouco non acavaron en gol.
2-0 libre directo na frontal da area , con o esferico Sergio , que marca xogada para despistar ao rival e pegalle fortisimo o balon raso e bate ao porteiro. Moi boa pegada a que ten este rapaz que ya nos deslumbrou a semana pasada cun autentico golazo.
Con dous cero mais comodos que nunca no campo ,  pusemos moi rápido con 5 faltas e concionounos moito o Treboada facendo unha boa convinación fai o 2-1 . Os nosos envede porse nervisos sacan forzas e seguen a o seu dominando o encontro a posesión e as ocasións pero unha falta dos nosos en campo deles como as outras 5 ( un erro grandisimo a correxir ) fan que o Treboada tivera a oportunidade de empatar o encontro dende o dobrepenalty pero entre o noso porteiro Diego e o pau salvan ao equipo. E así nos iriamos ao decanso.

Empezaba a segunda metade cos nosos metidos no partido os 5 de campo mais os 6 do banco , pero co marcador tan apretado foi un partido mais aberto con ocasións tamen para o Treboada que conta con xogadores de grandisimo nivel pero Diego moi seguro atras solventou moi ben sen problemas . Seguían as oportunidades para os nosos pero  non entraba o terceiro tanto.
3-1 Otro libre directo , marcamos xogada , colocamonos na pista , sacamos a falta e Sergio deixa pasar por medio das pernas e Borja empurra o balón o fondo das mallas , Grandisima xogada de estrategia .
Eles apostan por porteiro xogador e os nosos aguantan ben o tipo dando mais do que teñen no campo.
4-1 Pichici Nelson nunha boa xogada en persoal fulmina ao porteiro e a falta de 3 min decide o encontro.

Moi bo o traballo dos nosos despois dunha semana compricada por encaixar  a primeira derrota da tempada , os nosos sacan o mellor de cada un e volven a liderar a clasificación , faltan 8 encontros 8 finais que de seguro que sera moi moi dificil. Próximo rival Miralba .

Destacar o Traballo de todos os xogadores que estiveron de sobresainte e dimos un golpe enrriba da mesa e tamen o  bigoleador Borja que ademais dos goles fixo un enorme encontro e o noso gardameta Diego despois de o seu amargo debut este sabado fixo un gran partido que xogou 38 min e non encaixou ningun gol.

-Goleadores xerais:

Nelson: 17 Goles
Borja: 7 Goles
Will: 6 Goles
Ivan: 5 Goles
Sergio: 4 Goles
Marcos: 3 Goles
Manu: 3 Goles
Simon: 3 Goles
Ray: 3 Goles
Javi: 2 Goles
Sebas: 2 Goles
Riqui: 1 Gol



Dar grazas a esa xente que nos acompañou a pesar do horario , de novo GRAZAS AFECIÓN!!!



#VamosCampito

CAMPITO F.S. provincial 8 Valadares F.S. 3

Victoria dos azuis nun mal partido ante o Valadares FS, pero que mantén as opcións de ascenso intactas.
Fran apostou por un cinco inicial formado por Óscar,Mouso,Simón,Pablo e Borjita, agardando no banco Borja,Yago,Iago,Fredo,Guille,Riki e Rucho.
O partido comezou cos locais presionando en todo campo a un conxunto visitante que sen moitas complicacións conseguís sair unha e outra vez de dita presión. Mostra desta mala presión e que aos 7 minutos xa contabamos con 5 falta feitas, cousa que nos condicionou nos 13 minutos restantes.
Pero aínda así nunha perfecta contra Pablo facía o 1-0, parecía que o equipo se recompuña e se facía co peso do partido, pero unha xogada de mala sorte cun despexa de Óscar que rebota en Rucho cólase na portería e puña o 1-1 no electrónico.
Case na seguinte xogada voltabamos a pornos por diante cun gol de Simón, e o Valadares dispuña de outro dobre penalty esta vez detido por Yago, Valadares tamén facía a súa quinta falta e dispuñamos de un dobre penalty detido polo porteiro visitante a Borja.
O encontro estaba sendo igualado, e incluso por momentos os visitantes eran superiores a un equipo chapeleiro que non tiña o seu día, e froito disto un dobre penalty perfectamente executado por un xogador visitante fai o 2-2, e mesmo dispoñen de outro dobre penalty, pero esta vez Yago consegue detelo.
Xa parecía que o resultado será ese ao descanso, pero unha xogada de pivot de Borja ,a falta de 26 segundos, acababa en gol, e puña un 3-2 no marcador a todas luces inxusto tralo visto nos primeiros 20 minutos.

Comezaba o segundo tempo e o equipo non melloraba, voltabamos a caír na precipitación, e esta vez a falta de 10 minutos facíamos a quinta falta que voltaba a condicionarnos en exceso, estaba claro que o partido se trataba de ese "partido tonto" que sempre hai durante unha liga, e a única maneira que haberia de gañalo sería a base esforzo e corazón pois as cousas non saían.
Valadares tamén chegaba ao bonus de faltas e a falta de 6,35 con 3-2 no marcador dispuñamos de un dobre penalty ao noso favor, e o elexido para lanzalo foi Iago, ese xogador que respira Campito FS as 24 horas, lanza raso e anota o 4-2 que parecía darnos un pouco de aire.
Xogada seguinte e outro dobre penalty, que novamente Iago volta a a anotar do mesmo xeito, o equipo precisaba garra e corazón, e diso o 77 azul vai sobrado.
Valadares sae de cinco e con 2 roubos de Fredo e un do xuvenil Riki matabámolo partido para facer o definitivo 8-3 ante un bo Valadares.
Sufrida victoria, pero que demostra ao equipo que cando non saen as cousas hai que botarlle ese par de ................ que as veces son necesarios.

Na opinión do noso auxiliar Adri "foi o peor partido que xogamos no que vai de tempada, tivemos moitísimas imprecisións e proba delo son a gran cantidade de perdas que tiveron todos os nosos xogadores, penso que a baixa de Varo fíxonos moito dano a nivel "cabeza" , a primeira parte estivemos supercondicionados polas faltas e a final penso que sacamolo partido adiante por botarlle mais coll......."

O xuvenil Riki que onte debutaba como goleador en provincial viuse "moi cómodo no campo, encántame o modelo de xogo, pois gústame xogar presionando en todo o campo, e mais con xente coma os meus compañeiros, que me axudaron en todo momento polo que lle quero dar as gracias. Ao final estas traballadas e sufridas victorias son as que te meten arriba, e fan posibles que pelexemos polo ascenso. Ogallá poidamos facelo soño realidade e conseguir o ascenso a autonómica."

O vindeiro sábado viaxamos a Tui, no que será unha nova final na loita polo ascenso, sen dúbida unha proba de fogo ante un equipo tudense que foi o único equipo capaz de derrotarnos no que vai de liga.

Agora a clasificación queda así(contando cun 3-0 no partido ante o McDonalds), parece que será cousa de 3 equipos repartirse o posto de ascenso directo e o outro de play off.

1.Campito F.S. 35 ptos
2.Arealonga F.S. 34
3.Celado F.S.  31

CALENDARIO RESTANTE
CAMPITO F.S. : Tuy(F) Baiona(c) Arealonga(F) Cereixa(c)
AREALONGA: Carballal(c) Cereixa(F) Campito(c) Celado(F)
CELADO F.S.: Valadares(F) Tuy(c) Baiona(F) Arealonga(c)


EN BREVE SUBIREMOS FOTOS DO ENCONTRO