domingo, 1 de noviembre de 2015

Gondomar FS 4 Campito FS 4

Punto agridoce o acadado ná casa do líder, pois o equipo foi claramente superior ao seu rival, pero nun fatídico minuto "tirou" dous puntos ó lixo.

Enfrontábanse os dous únicos equipos invictos na clasificación, e o noso equipo non defraudou ante un pavillón no que se deron cita o redor de 100 persoas, das cales 75 procedían de terras chapeleiras.

Os nosos puxeron en todo momento o xogo na pista, os locais déronnos o balón e esperábannos en 15 metros a espera dalgunha contra ou no momento que tiñan saque de porta ou banda por o balón directo ao pivot, pero os laranxas cunha defensa ben traballada durante a semana a penas pasaban problemas.
O descanso chegouse cun 0-1 o noso favor despois de que Yago detivera un dobre penalty a falta de un segundo tras unha moi discutida falta de Álex.

O segundo tempo comezou co equipo un pouco despistado, pero a partir do minuto 5 convertiuse nun verdadeiro monólogo, os nosos cun futbol sala moi dinámico e directo rompía continuamente a defensa gondomareña que tan só a base de xogo duro(poucas veces sancionado por uns condicionados árbitros polas malas formas dalgún xogador local) eran capaces de deter os nosos ataques. Froito disto chegamos cun merecido e incluso corto 1-4 a falta de 1 minuto.
E aquí foi onde saiu a peor cara do equipo máis xoven da categoría, non soubemos ler o partido e os locais con tres tiros lonxanos empataban o partido para desatar a locura na grada local e a incredubilidade e rabia nos visitantes que vian como lle empataban o encontro co tempo vencido.

Os nosos misters comentaban despois do encontro "este equipo está crecendo a pasos axigantados, o último minuto de hoxe só ten uns culpables e eses somos os membros do corpo técnico por non saber parar o encontro, faltounos un pouco de veteranía e templanza.
Pero o equipo fixo un partidazo e levou ao 40x20 todo o que se viu nos entrenos e se falou nas charlas do partido, sentímonos superorgullosos do noso plantel.
O da afección merece unha mención especial, que te sigan 70-80 persoas ata Gondomar é espectacular, MOITAS GRACIAS "

O equipo conta xa con 17 puntos , froito de 5 victorias e 2 empates e para a semana recibe ao Garcia Araujo de As Neves, partido compricado ante un equipo que ven en progresión tras gañar esta semana a Quinta de Tuy FS.

1,2,3 CAM - PI - TO !!!!